XESTOS PARITARIOS

 

O da paridade no xénero estará ben ou estará mal, pero ou se fai en todos os níveis ou, se non, é un simple xesto. Si se apresenta como principio rexo de igualdade, tería que aplicarse en todo. O que non val para nada, mais que para facer propaganda enganosa, é apresentar paridade nas listas electorais para parecer progresistas e logo, á hora do reparto, detela no nivel dos titulares de consellerías, e non deixala pasar ao nivel seguinte, nen para baixo nen para riba,  sobretudo nos postos de mais mando, que son os de presidente e vicepresidente.

 Renunciar ao xesto e procurar a sustancia sería bo sinal de inicio dun camiño progresista de verdade.  

 

Voltar a Textos Varios