VULGARIDADE DE IMPORTACIÓN
Os que falamos e escrebemos a língua galega debíamos cuidala un pouco mais e non deixar que entraran as madrileñadas do momento e as vulgaridades de sempre. Na língua galega non se debía “pasar” disto ou daquilo, nen “apostar” por unha persona ou unha cousa, nen “vender” unha idea. Todo iso tómase de outras línguas, nas que tampouco son mais que vulgaridades. E na língua galega non pode haber “gilipollas” nen outros insultos dese tipo.
Está ben coller palabras de outras línguas cando fan falta na propia, pero non se pode deixar que as línguas se contaminen collendo o que non fai falta e menos ainda o que xa é feísimo na língua de orixen. Na língua galega non faltan insultos, e habería que aprender a usalos en vez de copiar esa pobreza de insultos que caracteriza ao castelán que se fala hoxe no estado español. En vez dese lamentábel “gilipollas” valería mais dicer, por exemplo, forragaitas, papón, touciño, barafullas, chacarrandeiro, alpabarda, pirulé, pallouco…