VOTOS, EMIGRAZÓN E DIÁSPORA
Veñen e
Para comezar, se botamos unha ollada
ao que se vai decindo a este respeito, veremos que non é só nos medios impresos
onde se manifestan as opinións, senón que son estas moi abondosas tamén no
espazo cibernético. Isto importa moito, porque, por unha banda, amostra unha
mudanza fundamental na estructura da opinión pública galega, incorporando
sustancialmente a ela a xerada fóra do territorio da comunidade definida con
estreito criterio xeográfico e, pola outra, permítenos ver diferenzas de
expresión moi significativas. Dito con brevedade, a expresión das opinións
diaspóricas soa máis desenvolvida e aireada, poderíase decir que máis
“educada” que ao do interior, se por
educación entendemos respeito polos demáis. Hai algunhas, poucas, excepcións,
explicábeis pola xusta irritación que no galego de fóra provoca o
descoñecimento despectivo da súa natureza humana e política.
Levar en conta esa ampliación do
contacto, que ven reforzar e facilitar a sustancial unidade da Galiza como
realidade diaspórica, é indispensábel para desbotar argumentos baseados no
pretendido alleamento de quen está fóra, que se xa non era verdade na vella
diáspora, a pesares de todos os atrancos, fica arrumbado nesta nova diáspora da
comunicación instantánea.
Deste contacto coa opinión resulta
un trazo
Os galegos da diáspora son unha rama modificada
e engrandecida pola súa experiencia multinacional. Un
enriquecimento da identidade, non unha perda.
Hai xai moitos galegos no exterior que non son
emigrantes, senon fillos ou netos de emigrantes, galegos diaspóricos, tan
galegos como os de dentro, e a quen non se pode descoñecer nen no cultural nen
no político. Conviña aprezar e cultivar este feito innegábel e non perderse nun
labirinto mezquiño de cálculos eleitorais e argalladas a curto prazo,
A emigración foi o que foi e tivo
moitos aspectos, alguns deles tráxicos e outros non. Hoxe, convertida en Diáspora, é unha dimensión
positiva e esperanzadora da Galiza total e universal. Non hai que estragala.