VISIÓNS DE PORTUGAL

 

        Unha mostra ben clara da forte  identificación da mentalidade galeganacionalismo español, e do conseguinte menosprezo da cultura portuguesa que acocha na forma máis espallada e menos ilustrada desa  mentalidade, é que non exista ningunha visión iluminadora desa cultura na literatura galega. Hainas na lingu castelá, e ben notabeis son as de Unamuno en "Andanzas y visiones por tierras de Portugal y España",  e as de Eugenio d'Ors en diversas pasaxes dos Glosarios e naquel poemiña sobre o  "verde botella, pánico, barroco" Portugal. Ou a do extremeño Pedro de Lorenzo en "Y al Oeste, Portugal". Percibiron e expresaron eses e outros escritores non galegos moitos aspectos da figura espiritual e cultural de Portugal con disposición moito máis libre que a dos galegosmais presos seguramente no temor interiorizado da confusión có veciño que non é español.

 

Voltar a Textos Varios