CARTA I
Benquerida Emilia:
Esta
primeira
carta
que
te escrebo podería titularse “entre coruñesas”,
pois coruñesa
eras ti e coruñesa son
eu. Vai moito
tempo
desde
que ti andabas
por esta Coruña e esta Galiza nosa,
e vai moito
tempo tamén
desde
que
eu nacin e vivín na Coruña. Coido
que sería interesante
falar,
comparar e analizar un pouquiño o pasado
e o
presente deste noso
país e facer tamén
por
pensar no
futuro con
realismo, imaxinación e videncia.
Lembrábame de ti hai
pouco cando, paseando pola Coruña
por
primeira
vez en moitos
anos e en circunstancias moi
distintas das
habituais, sentin
unha fonda
afinidade con aquela Coruña da
que ti falabas,
proa dun navío abalado polo
vento, cun
mar
que xemía e muxía seguido cando non
bramaba. Esa
afinidade sentínna
sobretudo cando andaba polas pouquiñas
rúas
que
ainda non levan eses
nomes de personas
eminentes
que lles tiran
toda a
personalidade e historia: Cordelería, Orzán,
Tabernas,
Campo da Leña (ou da
Forca,
como dis ti
que tamén lle chamaban,
ainda
que
eu xa non o coñecin con ese
nome),
Campo de
Marte (o
Campo
Volante de
antes), Panadeiras, os
Olmos, a
Estrela, o Parrote… Qué vicio tan
destragador da
personalidade das
cidades, ese de
chantar nas rúas os
nomes das
figuras
ilustres! ¿Non haberá
outra
maneira de
render homenaxe
ás
figuras dun
país
mais respeitadora dos espacios
públicos? ¿Non sería
mil veces mellor
deixar
que se fosen amoreando
estratos da historia colectiva do
país
que contaran a
vida dos
que viviron e traballaron nel e o
foron facendo, en
lugar de
riscar o
escrito e sustituilo con
nomes
que non alentan a imaxinación e non
contribúen á comprensión da historia e do
momento
presente? Sustitúese a criación
que indica o
nome
que responde
ás
características e historia dunha
determinada rúa, con inexpresivos
nomes de personaxes
que debían
ser festexados de
outra
maneira
menos impositiva. Non digo
que non haxa
que festexar aos
que valen; ao contrario,
este
tema da valoración é importantísimo
para o
futuro do
país,
mais hai
que
procurar
formas de
alento e de recoñecimento
que non destraguen o entorno
espiritual e
humano e
que
respeiten a
criatividade colectiva.
O
mar da Coruña está hoxe
mais domesticado do
que estaba
nos
teus
tempos, en
que ti
contas
como case devoraba a
Cidade Vella
ou Barrio
Alto
antes de
que se foran facendo os
diversos tramos de
abrigo do
porto.
Eu lémbrome ben de
que no
inverno,
nos días de
temporal,
que eran moitos, o
mar case levaba as
casas de Rubine, e algunhas estaban
todo o
ano destrozadas polos vagallóns
que batían nelas. Esa Coruña
sacudida polo nordés e
que case a levaba o
mar
que a arrodea
por todas
partes; esa Coruña daquel romántico,
escuro e misterioso “xardín inglés”,
que
era o Xardín de San Carlos, coa
tumba de Sir John Moore e os
versos de Rosalia,
que
logo
tampouco souberon
cuidar e
entender; esa Coruña
intrépida e norteña, civilizada e
liberal,
que é
coa
que
me sinto afin, ten superposta
unha imaxe
fácil
que non responde á
sua
personalidade, e esa imaxe supoño
que ven do veraneante e do turista.
Os
lugares de veraneo e de
descanso teñen case
sempre
unha imaxe superposta polos
que
van a
eles fuxindo de
climas
mais
duros
ou da
vida
mais barullenta da
capital,
que,
como ao
que
van é a distraerse, non os toman moi
en serio. Pasábate a ti un
pouco, polo
que dis,
ainda
que, polo
que dis tamén,
para ti as estancias na Coruña eran
mais ben melancólicas e tristeiras e
tiveches
que facer un esforzo de
entendimento e
mudar de actitude
para
entender esa
cidade na
que naciches. Ti dis
que o
que se dicía cando se entraba na
Coruña á
noite
era
que “enganaba”, e
eu creio
que A Coruña “engana” non
só de
noite, senon de día tamén,
que non é o
que parece.
Aí están a
Torre de
Hércules e
tal
vez o
espírito de Breogán
para
que non
nos deixemos
enganar
demasiado e non rematemos crendo na
versión do veraneante. A min esa
superficialidade e valeiro
que según din son as
características da Coruña, paréceme
que “enganan” e
que eses
habitantes da
cidade
que andan
por
ela con
caras aburridas e
andares preguiceiros deixáronse
enganar e non responden ben ao
poderoso espíritu
que se sinte e adeviña nela.
Coido
que vai haber
que
pensar
mais do
que pensamos nestes
derradeiros
tempos na estructura físico-
espiritual do noso entorno,
pois esa estructura inflúe
inmensamente en
todos
nós,
sobretudo nas
etapas
mais formativas da infancia e a
mocedade. Sería interesante (e haberá
que facelo algún día)
decidir os entornos
urbanos e
rurais tendo en
conta a xeografía e as
maneiras de
vida preferidas de
cada
país. O
que semella
ter sucedido no noso
país nas últimas
décadas foi
unha fuxida da
cidade ao
campo e do
campo á
cidade, e un quedarse a
meio camiño; os
que viven na
vila queren fuxir do barullo, cando
menos os
fins de
semana, e os
que viven no
campo queren a
liberdade e as
oportunidades
que oferece a
vila. O
resultado foi
unha
cidade e un
campo destragados,
porque non se cuida ben nengun dos dous
ao seren, ambolos dous,
resultado de fuxidas e non de asentamentos auténticos.
Outro dos
resultados dese
andar dun
lado
para
outro é
que
metade da
vida pásase no
auto e sen
tempo
para
nada cando podía
sobrar, e
isto indica
que non se valora debidamente o
tempo nen se sabe
aproveitar,
ou
que se prefire
andar polas
estradas
para
ter a impresión de
que se está facendo
algo,
ou polo
menos de
que se está facendo o
que os
demais fan.
Nestas
cartas imos
tentar non deixarnos
levar
por esa
falta de visión do
futuro tan
habitual, fondamente pesimista, na
que se da
por
feito
que o
que se puido facer algunha
vez no pasado e saiu ben xa non se
pode
repetir
porque
todo xa é doutra
maneira.
Este
tipo de visión,
que
mais ben é
falta de visión,
cegueira
ou miopía, pero
que está moi interiorizada na
sociedade,
leva a
grandes
erros de xuicio e a
unha inmensa
falta de
criatividade. Hai
pouco estaba
eu nun
lugar da montaña da Galiza, e o
que dicían os
que
ainda andaban
por alá
era
que xa non quedaba ninguén
para
cultivar as
terras,
que nen
vender o
leite pagaba a
pena,
que axiña
que morreran os vellos
que quedaban xa non se faría nen o
pouquiño
que se facía, e
que nen
plantar
pinos compensaba
porque o traballo
que daban,
ainda
que non fose moito, non rendía.
Daban
por
feito os
que falaban
que iso pasaba
porque tiña
que pasar,
porque o progreso
era o
outro, e
porque a
agricultura
só cundía cando se facía en
grandes extensións.
Eu pensaba en cambio
que o
que estábamos vendo
era o
final da
agricultura
industrial
que se practicara nas derradeiras
décadas do
século
XX,
que empezara,
como
todo o “industrial”
ou industrializado, parecendo a
única
maneira
racional de facer as cousas; había
que
levar as fincas
como se fosen
fábricas, con “rendimento” e “productividade”ao
máximo; calquer
outra opción semellaba anticuada e
absurda
nos
tempos
modernos. O
único
que interesaba
era a cantidade; a calidade non
contaba
para
nada. Quén había de
pensar
que os
resultados
físicos desa ideoloxía serían tan
mediocres
ás veces
que ao
que se volvería sería a
querer
alimentos
naturais e
que o
que se pagaría serían os
alimentos cultivados sen
abonos
químicos, hormonas, etc., é dicer,
como os de
antes? E
que despois de enteirármonos de cómo
malvivían as galiñas
nos galiñeiros
intensivos e da
crueldade con
que se trataban eses e
outros
animais destinados ao
consumo masivo, preferiríamos
saber
que os
ovos viñan de galiñas criadas en
liberdade e pagaríamos
mais
por esa
certeza.
Ou
que volveríamos a
querer
telas de algodón,
seda
ou lan, o
mais
puros posíbeis,
porque as
telas
artificiais non tiñan as mesmas vertudes
que as
naturais,
ainda
que tivesen algunha
outra. O
que se deduce de todas esas
experiencias é
que non sabíamos as desventaxas
que tiñan as
novidades e pensamos
que eran mellores en
todo e
que representaban un adianto
indiscutíbel.
Tal vez houbo durante todo o século
XX, e quizais antes tamén, idolatría do moderno
e do que se consideraba adianto; certamente houbo idolatría da ciencia e se
pensou que o resolvería todo. O malo é facer ídolos con calquer desculpa,
porque o que teñen os ídolos é que mesmamente non deixan evoluir debidamente.
Os ídolos traen sempre, invariabelmente, parálise dalgún tipo. Neste asunto do
adianto e do moderno, o malo non foi querer adiantar e modernizarse, senon
pensar que cada un dos descobrimentos ou adiantos era indiscutíbel e non podía
traer mais que vantaxes. A verdade é que se queremos evoluir e adiantar
haberia que entender que todo neste mundo ten vantaxes e inconvenientes, que
non hai nada que sexa únicamente bon e que todas as enerxías son ambiguas e
dependen de cómo se manexen, mas a dicotomía do ben e do mal na que nos
mergullaron as crencias relixiosas, ou para sermos mais exactos a maneira en que se manexaron, fixo
moito dano e programounos para deixarnos levar por todo o que se apresenta
como verdade absoluta e razón exacta, é dicer, todo o que val para impor
ideoloxías autoritarias.
Outra cousa que sucedeu nestas últimas décadas
moi en especial, ainda que xa veña de ben atrás, é que non se estabeleceu a
diferencia precisa entre o estatal, o público e
o privado, e eu diría, Emilia, que o día que
resolvamos este asunto será un día de auténtico progreso e adianto. E quen
sabe se non será este o momento axeitado, cando está empezando a verse claro o
que sucede cando o Estado colle o poder absoluto, e estase tamén empezando a
ver o que sucede cando todo vira “privado” e se da ao privado poderes tamén
absolutos. O curioso é que ámbalas duas cousas rematan ao final no mesmo
conto: burocracia, liberdades para moi poucos, servidume para os mais e mal
funcionamento de todo o que debía funcionar ben. Tanto ten que no comezo se
sacrificase a liberdade individual en nome da colectividade ou que se
sacrificase a colectividade en nome da liberdade individual. O resultado é o
mesmo, porque o poder queda en mans de algúns, moi poucos, que non teñen que
rendir contas e que privan aos demais dos direitos mais esenciais. E nesta
dicotomía entre o estatal e o privado (na que tamén hai idolatría,
naturalmente), o que parece ter desaparecido do mapa é o público, que non ten
por qué ser estatal e que por definición non é privado. E xa que empezamos
nesta carta por falar da Coruña, coido que poderíamos analizar nesta cidade o
que pasou nese sentido e cómo se desenvolveu a relación entre o público e o privado.
Abonda con ollar para as fotos da Coruña de
comezos do século XX para decatarse de que, ainda
que moitísimo mais pequena que agora, era moito mais cidade, e daba a
sensación de que tiña o que debe ter unha cidade por esencia, que é forma e
contido, os espacios públicos que unha colectividade precisa para
desenvolverse axeitadamente, as oportunidades e vantaxes que veñen de viver
próximos os uns aos outros e de compartir recursos utilizándoos con
intelixencia para que rendan o mais posíbel. Cando unha cidade oferece
dinamismo e a posibilidade de viver unha vida na que falten as menos cousas
posíbeis, non fai falta fuxir dela, como sucede agora. Se comparamos a
cantidade de espacios públicos que había na Coruña de comezos do século XX,
xardíns, parques, etc, cós que hai agora, enténdese perfeitamente que antes
predominaba a ideia do que era unha cidade, a de que unha cidade tiña que
compaxinar as vivendas, os lugares de traballo, os lugares de recreo e o
contacto coa Natureza con funcionalidade, estética e arte. Direi por certo que
me parece ver nos galegos de agora un auténtico ódio á Natureza; primeiro
deixan que todo o campo vire silveira e se asilvestre e logo debecen por que
ese silveirón quede sustituido por edificación, tanto ten que sexa bonita como
fea. Esa especie de instinto doméstico que leva a cuidar da casa e do entorno,
que hai en moitos sitios do mundo, non parece existir no noso país. Cál pode
ser a razón desa indiferencia, desa preferencia polo caos e a desorde, non
sei, e intrígame mais cada vez. A pobreza, dirán, ou miseria mais ben na que
se vivía no campo. Pode ser, pero non abonda como explicación dese fenómeno.
Lémbrome, por exemplo, do moito que me sorprendeu a primeira vez que vin nun
Museo de Austria reproduccións de
interiores de casas alpinas do século XII
e XIII, e que eses interiores eran acolledores, adornados, amábeis e
bonitos, no meio dun entorno case disparatadamente imposíbel para viver. Ese
entendemento da relación entre o ser humano e o entorno segue véndose hoxe nos
vals alpinos, pero xa era así antes, e séguense construindo casas nas que se
está ben e que non desentonan có ambiente,
que son ao mesmo tempo funcionais, acolledoras e atractivas, e séguese
respeitando tamén a Naturaleza por moito que se explote e utilice. ¿Qué será o
que leva aos galegos a aborrecer a Natureza e a descuidar o entorno físico e
doméstico? E a única resposta que me ven á cabeza é a de que puidera ser un
efeito ou un síntoma da depresión colectiva que me parece ver no noso país.
Non sei se nos teus tempos xa sería así, Emilia, e non sei nen onde nen cando
empezou esta depresión aguda, mais probabelmente ven de moi vello, e mais
adiante falaremos mais a fondo do tema, pois seguramente aí está unha das
claves do que acontece na Galiza. Contudo ti xa falas
de que os habitantes do Barrio Baixo dicían que “una ventana es un coche
parado” e que “una galería es un
quitapesares y una distracción preciosa”. Iso dicíase así, igualiño, coas
mesmas palabras, nos meus tempos. Parece que se sabe que unha característica
dos que padecen esa doenza que se chama depresión é que lles agrada ir en auto ou estar
en aeroportos, en sitios en definitiva onde pasa algo e algo se move sen que
eles teñan que facer nada nen compartir actividade nengunha. Tal vez este afán
destructivo de tapar a natureza con edificios, sen deixar que haxa unha árbore
ou unha flor, e de estar en sitios que se moven, como pode ser un auto, ou
detrás dunha xanela, onde se moven os demais pero non un, é un síntoma de
depresión moi profunda, desa falta de sentimento e de gosto pola vida que ven
do desánimo enraigañado e enfermo, da falta de ánimo para enfrentarse coa vida
e tirarlle partido.
Logo de moito pensar e cavilar, paréceme que sei de onde ven esta fonda
depresión dos habitantes da Galiza, e sei tamén que se podería curar e que
algo habería que facer nese sentido se queremos unha Galiza que por fin se
solte, se expanda e cumpla o seu potencial
Teresa Barro
terbarro@aol.com
Voltar ao Boletín