TAPAR O
PAÍS
O
que
mais debía
incomodar desa
bandeira
que chantou no Orzán o alcalde de A Coruña
non é
que
sexa
unha
bandeira española, senon
que
mais
unha
vez os
galegos se deixen
levar
por ese vicio psicolóxico de
aproveitar calqueira superficie
para
chantar
algo nela e destragalo
todo. Ven sendo un acto de afirmación
como os “Biba llo”
que se ven nas
paredes e nas
rochas, é dicer, revela
egocentrismo ineducado e
falta de
respeito e de
entendimento do
país. Os
galegos sen
sensibilidade (que son os
mais
ou os
que mandan,
infelizmente) queren
tapar Galiza,
igual
que nas
sociedades
mais fanáticas e atrasadas tapan
ás mulleres
para
que non “ofendan”.
Voltar a Textos Varios