Rota ou desapoderada
Aos que tanto medo teñen de que España quede esfarelada e rompa en anaquiños se non ten un governo centralizador, non lles asusta para nada que esa España que tanto din que defenden quede desaparecida, encativada e sometida a unha autoridade allea. Cando unha nación, grande ou pequena, deixa ir a sua soberanía, é dicer, a faculdade de resolver os seus asuntos como mellor lle pareza, perde o que a configuraba como nación.
Sería polo menos coerente contrapor á España “rota” unha España con poder decisorio sobre os seus asuntos. Mas non é ese o caso; a pesares da retórica patrioteira, o que se contrapón á España “rota” e unha España desapoderada, sen forza para nada e inhabilitada para dispor do seu. Entre o pouco que dese xeito lle queda a ese Estado está o poder de seguir freando as nacionalidades sumidas nele. Esa é a principal e case única soberanía que non perde.