A PROSTITUCIÓN
Non sempre é posíbel solucionar os problemas da sociedade con intervención estatal e lexislación. Menos ainda cando eses problemas son consecuencia directa do sistema que rexe esa sociedade. Pasado o tempo, a solución que parece progresista nun momento determinado pode sorprender pola falta de entendimento e sensibilidade que denota e resultar simplista, egoísta, comodista e até ridícula. Aquel “reparto das mulleres” que tan igualitario parecía a algúns, agora revela sexismo e simplismo; aquela crencia “romántica”, que tanta aceitación tivo hai algúns anos, de que a represión sexual non existiría se todos andivésemos como os bois no monte e os pais pasearan encoiros diante dos fillos, se hoxe se exercitase consideraríase abuso sexual en moitos dos lugares mais adiantados; e as actuacións mais desumanizadoras parecen naturais cando son o que todos fan e nen se cuestionan.
As duas solucións á prostitución que
se están discutindo nestes momentos non van solucionar nada. Pensar que
é posíbel abolir a prostitución é
O primeiro que compre facer con eses problemas criados pola propia sociedade é sensibilizarse. Podería ser útil para unha campaña de sensibilización recordar os seguintes feitos:
*Os homes e as mulleres que se dedican á prostitución son seres segregados da sociedade, cós que a xente normal non fala, aos que ninguén invitaría á sua casa, cós que ninguén quer ser visto; son de caste inferior e o que fan é tan despreciábel que non hai redención posíbel. Os clientes, en cámbio, poden facer o mesmo sen virar despreciábeis, porque son de caste superior. Cando a prostitución está perseguida, a quen se persigue é á prostituta, non ao cliente. E cando se aplican medidas “hixiénicas” non se aplican ao consumidor.
*Os que se dedican á prostitución fanno empurrados polas circunstancias (falta de meios económicos, desemprego, adición a drogas, fuxida da casa paterna por maus tratos, doenza mental e psicolóxica e falta total de autoestima, causada as mais das veces por abuso sexual na familia e incesto). Ninguén se prostitúe por gosto.
*A pobreza leva á prostitución; os pais venden moitas veces ás fillas (e ás veces aos fillos) ou as obrigan a prostituirse para manter á familia.
*A droga e a prostitución van cuase sempre xuntas. Os que compran mulleres novas, nenos e nenas, ou os raptan ou enganan para dedicalos á prostitución, empezan por viralos adictos ás drogas.
*A prostitución non responde a
unha necesidade. Responde a unha fantasía. O que
exixe o cliente é que lle fagan crer que é atractivo, que o outro ou
a outra faga o traballo todo e finxa gosto e pracer
para sentirse el superior. Por iso a relación sexual
normal non poderá sustituila nunca. O cliente paga para facer o que el
quer con outro ser humano. Paga para humillar e anular a
outro ser humano. Ainda cando non hai sadismo físico e tortura,
*Ao que mais se asemella a prostitución é a escravitude. E compre lembrar que a escravitude foi abolida por lei xa hai tempo en varios países, pero segue existindo no mundo en proporcións das que non queremos enteirarnos.
*A prostitución foi sempre a maneira “relixiosa” de ensinar aos varóns “para o que val a muller”, é dicer, de fomentar o desprezo á muller.
*A prostitución é un mercado de menores e de xente nova, dos dous sexos, para que os “vellos” podan humillalos e facerlles ver que non son nada.
*A “industria” da prostitución é unha das que produce mais diñeiro, e está vencellada ás outras industrias mais poderosas do mundo de hoxe, que son a das drogas, a dos armamentos (as guerras producen pobreza e a pobreza produce prostitución), a das empresas de fármacos e medicamentos, e a do turismo.