Propaganda inmoral

Un referendo ou plebiscito ten que ser organizado polas autoridades do momento, polo Estado en definitiva, aínda que o ideal sería que, pola sua natureza de democracia directa,  o organizase a sociedade mesma, o que non é doado. Aínda que a iniciativa ou  a proposta veña do governo, non pode pasar daí, e o governo ten que extremar a prudencia e non facer propaganda do seu ponto de vista utilizando para iso fondos públicos, é dicer, o diñeiro dos contribuintes. O governo pode gastar diñeiro en darlle á sociedade os medios para que se exprese, pero non para dictarlle o que ten que facer, como se estivese formada por incapaces ou deficientes. O labor puramente informativo e de facilitación do debate está ben. Onde entra a desproporción manifesta e contraria á natureza mesma do referendo é no uso do inmenso poder do estado para esmagar e acalar a diversidade de ideas  e impor as propias. Incluso os partidos, na medida en que teñen financiación pública, terían que fiar moi fino neste asunto e non confundilo cós tratos e negocios da vida política “normal” ou parlamentaria. O plebiscito é excepcional, e se non o é perde o valor moral e suprapolítico que debía ter e vira unha trampullada para enmallar aos cidadáns.

Voltar