Grupo de Traballo Galego

 

 

Grupo de Traballo Galego

de Londres

 

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Eivas patriarcais

Europa

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

Reanudamos aquí as reflexións e as tarefas do Grupo de Traballo Galego de Londres, que comezaron en 1970. A nosa historia pódese ver pulsando no correspondente botón á marxe destas liñas
          

Mudaron as circunstancias políticas e sociais de Galicia desde a época das nosas anteriores publicacións, pero coidamos que pode ser aínda convinte, a até necesario, dar a coñecer as reflexións do Grupo. Seguimos sendo un conxunto de persoas con orientacións diferentes en moitos aspectos, mas crentes todos na singularidade de Galicia e na necesidade de procurar o millor entendimento da sua realidade esencial, condición que xulgamos necesaria para o seu adianto material e moral.
          

A independencia a respeito de todos os grupos políticos segue sendo tan certa como sempre. Non somos apolíticos nen descremos na importancia da política. Todo o contrario. Mas pensamos que é importante que exista este tipo de reflexión independente e que se espallen os seus resultados, esperando incluso que contribuan á formulación de políticas por quen diso se ocupa, ou, en todo caso, a acordar inquedanzas e ideas, conformes ou disconformes, sobre os temas que suscitamos.

                                                  Londres, febreiro de 2004

 

     

 

A nosa historia | Boletín en curso | Números anteriores |Alicerces nacionalistas | Diáspora | Eivas patriarcais |Europa Lingua | Textos varios | Ligazóns |

Para perguntas ou comentarios poden dirixirse ao Webmaster: fiallega@grupotraballogalego.uk.net

Copyright 2003 Grupo de Traballo Galego de Londres