O POVO SOBERANO

           Os resultados do referendum  sobre a chamada Constitución Europea, foran os que fosen os motivos do “non”, dan  ánimo a cantos creen no valor da diversidade e sinten arrepío diante do cheirume letal da unidade forzada.

            Botouse de menos, é certo, unha maior insistencia na defesa da soberanía, aínda que nese senso foron máis craros os Países Baixos que a Francia. Hai receio a invocar o soberanismo porque non está de moda e non parece correcto (menos cando se trata de países da antiga Unión Soviética, claro).

            E perguntamos:  se todos están de acordo, según parece, en que o povo é soberano, ¿por qué tanto medo a seren soberanistas?

 

Voltar a ' Europa'