POMPA E PROPAGANDA

 Como dicía Chesterton “ Non é que cando se deixa de crer en algo non se crea en nada, senón que se cré en calqueira cousa”. O festexo da “espiritualidade” de Roma pola morte do Papa tivo eses ingredientes de explotación de sentimentos e emocións da pior calidade que forman parte da ideoloxía do momento. A morte do Papa foi unha ocasión para inserir ideoloxía política e social mediante o sentimentalismo chorón e o culto ás celebridades. O que se festexou en nome da espiritualidade foi a ideoloxía autoritaria que se val das celebridades para cultivar a incoerencia e sementar vacío e confusión. Se alguén tivese unha mensaxe de espiritualidade auténtica, acalaríase esa mensaxe e seguramente faríase desaparecer a quen ousase transmitila.

Voltar a Textos Varios