A PERSONALIDADE DA GALIZA
Conviña reflexionar en que seguramente cando falamos da identidade da Galiza, no que pensamos é na identidade da sociedade galega, e que a sociedade galega pode estar funcionando dun xeito pouco ou nada coerente co que tiña que ser o país.
Insistiuse de máis en que había que ser fieis á identidade e non se tivo en conta que cando a identidade non se está construindo sempre, e non se potencia a personalidade cun proxecto de futuro que responda ás ansias mais fondas, o que queda é unha repetición de pautas aprendidas e inseridas na sociedade que talvez teñan pouco que ver coa personalidade e o potencial auténticos da Galiza.
Na historia da Galiza non hai moitos indicios de que a sociedade galega quixera desenvolver o potencial do país. Abondan en troques as indicacións de que se trata dunha sociedade que prefire ser como “as demais” en vez de atopar o seu propio centro e dende aí actuar dacordo consigo mesma. O que máis hai son mostras de non querer asumir o traballo que supón facer personalidade, construir país e imaxinar futuro. E hai tamén medo a distinguirse e a ser diferentes, é dicer, conformismo e achantamento. Ese medo a ser diferente e a non encaixar no mandado indica sempre, a nivel individual e a nivel colectivo, atraso, porque o adianto só pode vir cando hai valentía para entrar por camiños novos e auténticos.
Ninguén pode dubidar da personalidade distintiva da Galiza, que salta aos ollos a calquera que entre no país sen coñecelo antes. Mais que a Galiza teña unha personalidade indiscutíbel non quer dicer que a sociedade galega a teña
Voltar a Alicerces Nacionalistas