Pedir ou criar

 Galiza nunca contou para o estado español e polo tanto non vai contar para nada na Unión Europea. O pouquiño que quede de estado español se encarregará de transmitir a idea de que aos galegos non hai que lles ter medo porque se conforman con calqueira cousa e están sempre divididos entre eles.

 A pasividade dos galegos  é un vicio criado pola historia e as circunstancias do país. A actitude típica dos galegos é a de  “a ver se nos dan algo”, cando o que debía ser era “a ver se facemos algo novo e conseguimos algo nós mesmos, sen que nolo den”. Nese reparto que se está facendo e que se vai facer xa sen freo nengún se a nova constitución se instaura, Galiza vai quedar mais abatida e inutilizada que nunca. Agricultura e pesca, nada, porque no reparto cada vez lle vai tocar menos. E industria non quedará nengunha, porque a UE decretará que as poucas que se creen ou que sobrevivan á mala administración de Bruxelas vaian para outros lugares de mais interés “político”.

 

Voltar