PATRIARCALISMO SISTÉMICO
No nacionalismo galego que ten expresión política non parece que haxa moita conciencia de que na Galiza hai un grave problema de sexismo fondo que ven do patriarcalismo mais duro e reaccionario.
Ao revés, parece por veces como se apuntarse ao nacionalismo fose unha desculpa para practicar con mais forza aínda o maltrato e a inxusticia, reforzando o patriarcalismo no que asentan.
>Sería triste que o nacionalismo galego se deixase levar por hábitos psíquicos, inconscientes cuase sempre, e viñese a servir de baluarte para eses hábitos que tanto dano fixeron e fan á Galiza
. [Boletín do Grupo de Traballo Galego de Londres, cuarta época, número 1]