PATRIARCALISMO E MALTRATO
O maltrato
das mulleres é un
sinal
externo e visíbel de
que
algo funciona
mal na
sociedade e iso é o
que habería
que
atacar na
sua orixe.
A violencia
de calquer tipo xurde do afán de superioridade e dominio, e da ansia de anular
aos demais. Cada sociedade impón en certa maneira, cós seus códigos de “honor” e
seus costumes, o tipo de violencia que predomine. Eses códigos e eses costumes
insírense sempre mediante o sistema familiar, que é afinal, con distintos
matices, patriarcal. Canto máis fondamente patriarcal é o sistema familiar (e na
Galiza é moito), máis forte é o grao de autoritarismo e anulación no que se
vive.
O maltrato
das mulleres é endémico na Galiza, e iso indica
entre outras cousas
que as mulleres están desprotexidas e
anuladas, polas familias nas
que nacen e pola
sociedade na
que viven. A
todos os
que non son
galegos chámalles a atención a
maneira en
que a muller
galega
trata aos homes, a preferencia
que lles da
sempre,
ainda
que
sexa
para manipulalos e reducilos a
nada. Os homes saben
que esa manipulación os
deixa sen folgos e
abafados, pero
como o
patriarcalismo
que funciona na Galiza baséase no
culto á nai, non se rebelan e fican frustrados
e destragados. As nais transmiten a fonda misoxinia
que caracteriza á
sociedade
galega, abaixando
ás fillas
para escravizalas e empolingando aos fillos
para dominalos e posuilos
para
sempre. Esa misoxínia fai
que
moitas mulleres non saiban nen queran
defenderse do maltrato
porque
nunca foron protexidas nen potenciadas nas
familias nas
que naceron e así quedaron anuladas. Esa
misoxinia
forma
parte
fundamental do
sistema
familiar da
sociedade
galega. E se non
muda a familia
galega, continuará e
seguramente aumentará o maltrato das mulleres,
porque é a consecuencia lóxica dese
sistema
familiar.
Voltar
a Eivas Patriarcais