O cambio
que non da
chegado
Comézanse a
sentir voces
que expresan impacencia polo “cambio”
que non
chega.
Sempre pasa iso cando
unha situación
que non
gosta e
que
dura máis do
que quixéramos acaba
por
cair.
Así aconteceu nas pasadas eleccións
autonómicas na Galiza.
Abondaría coa historia
para convencernos de
que sofrimos dunha valoración excesiva
da
política de
partidos.
Era así
seguramente
antes do réxime dictatorial
que non deixou
que existisen
partidos e segue sendo así despois
dele,
tal
vez
pior aínda
porque puxéronse esperanzas desmesuradas
na restauración da
democracia partidaria.
Depositar a confianza
toda
nos
partidos é
perigoso
porque pode
levar, e de
feito está levando, a
que os
que andan na
política deixen de
ser
políticos e viren
novos
caciques, máis centralizados
que os de
sempre.
As
sociedades seguen a súa
marcha
como
corrente fonda
que pasa
por
embaixo das
pontes da
política do día a día. E non mudan dun día
para
outro. Os
políticos viven,
por afeizón
ou
por necesidade, no
mundo do
curto
prazo.
Cando a
aritmética dun
sistema electoral levou ao
poder a un seitor do
galeguismo, en condicións de coalición poselectoral coa sección rexional dun
partido
nacional de
longa historia centralista, pensouse con
certa inxenuidade en seitores más
amplos do
sentimento galeguista e nacionalista
que tiñan
chegado ao
poder “os nosos”.
Erro
grave, aumentado pola escasa e limitada
leira de
poder
real conquistado.
A
primeira manifestación do cambio foi a
mudanza de persoas
nos
postos
executivos dese “poder”. Ese proceso
que aos escépticos parécelles, non sen
algunha razón, o dunhas partillas
mal avindas, levou
tempo desproporcionado.
Depois viñeron afirmación xerais de
principios
nada
novos e algún anuncio
concreto e
mal informado
que houbo
que
ratificar.
Dirán algúns
que hai
que
apoiar aos “nosos”.
Desconfiamos dos
apoios
incondicionais. Máis
útil semella
aproveitar a ocasión
para
avisar dun
risco. A participación, a
primeira na historia, do
nacionalismo na gobernanza do
país
galego, prodúcese en circunstancias
que non son
ideais nen moito
menos.
Certo
que
nunca hai circunstancias
ideais na
política. Pero acaba de constituirse
unha
hipoteca
que pode
ser perigosa
para o galeguismo.
Mágoa,
para
empezar,
que se podan poñer
chatas de
pouca representatitivade,
até de
falta de
mandato, ao
elemento nacionalista da coalición.
Pior aínda
que da xestión desa Xunta bipartita
pódanse
tirar consecuencias
para o
nacionalismo en xeral e
até
para o
movimento galeguista no
senso máis
amplo.
É
grande a
responsabilidade dos nacionalistas no
poder. Terían
que
ser
motor dun cambio
que responda aos anceios do
galeguismo, e non abonda con
que contribúan ao
programa, se o hai, dun
partido
nacional
que ten
outra historia.
Non
nos podemos
contentar
tampouco con xestos “progre” aprendidos en
“El
País”.
Estamos en
hora de inquedanza e non de
celebración.
Voltar a Alicerces Nacionalistas