Neocons europeos

 O proxecto da Unión Europea tal como se foi desenvolvendo e como está pensado que se desenvolva coa constitución que se aveciña, parece inventado polos “neocons”. Hai a mesma confusión, o mesmo facer crer que vai ser dunha maneira cando vai ser da outra, o mesmo autoritarismo desmandado e disfrazado de liberación, o mesmo elitismo e o mesmo secretismo. E sobretudo a mesma incompetencia e os mesmos pésimos resultados que se poden observar nas actuacións dos neoconservadores de outros continentes aos que, según nos contan, a Unión Europea oponse en principio. Tanta é a semellanza que  nesta constitución da Unión Europea até está prevista a guerra preventiva.

 

 

Voltar