A ‘NAZÓN EUROPA’
¿Cómo explican os inimigos dos nacionalismos o entusiasmo pola
“nazón Europa”? Ou a nazón ten valor ou non o
ten. Se non se cré que a nazón valga para algo, entón
o único que tería sentido sería desfacer as nazóns todas de Europa e facer
outra cousa. E se a nazón val para algo, entón
hai que admitir que ten moitísimo mais sentido que os países que están no
estado español e queren ser nazóns o sexan, que pensar nunha “nazón Europa” que
sería una criación inoperante, desaxeitada e dictatorial. Claro que o conceito da “nazón Europa” non se
revelou até que xurdiron os resultados negativos de referendums. Como sempre, a
verdadeira natureza do proxecto europeo mantívose calada e envolta en
argalladas e cucarandainas.