MANIPULACIÓNS
“EUROPEAS”
Xa se
apresentou en Bruxelas a idea de que “rexurda” a constitución europea, unha das cousas que estaba pensado que fixese o novo governo da Alemania cando lle chegase o turno de presidir a UE. Empezarán tamén a falar dun tratado de libre comercio cós Estados Unidos que leva moito tempo cociñándose e até ten nome, pero que se anunciará aos “fieis” como se fose unha idea nova e xurdida de súpeto dos novos governos europeus mais “modernos”.
É
previsível que onde haberá mais oposición á constitución europea,
rexeitada xa por votación en algunhas nazóns, será nos países con mais carácter, mais tradición democrática e mais adiantados social e intelectualmente. Os outros seguirán soñando con resolver seus problemas para sempre mergullándose nun sistema no que non teñan que pensar nen decidir nada, como pasa nas dictaduras. Quererán crer, cun fatalismo que ven do desprezo pola política verdadeira e de hábitos enraizados de obediencia ás autoridades, que por aí teñen que ir as cousas e que a unión sempre garantiza o trunfo. Nunca o garantizou, pero ese feito histórico non se terá en conta até que o tempo o demostre mais unha vez.
E os que quixeron crer que a Unión Europea era unha maneira de oporse ao “imperialismo estadounidense” terán que ir vendo como encaixar o tratado trasatlántico que se está preparando.