Máis unidade, por si non fose abondo a que xa había

 

Gañou nun plebiscito de participación facareña o voto favorábel a una Constitución sen constituintes. Eis o trunfo da unidade por riba de todo. A unidade que, por sabida, nen precisa de xustificación nen argumentos.

 A Galiza padeceu durante moitos séculos os efeitos dun adoutrinamento da unidade esquilmador e secante. Absurdo sería pensar que esta unidade de agora, a da Unión Europea, por ser máis grande vai ser mellor para a Galiza. Mesmo por ser mais grande, vai ser moito pior.

 As obxecións que se ouviron na campaña baseáronse todas en que ese proxecto de Constitución non respondía á Europa que os obxectores querían. Non se viu cuestionado ese proxecto de unidade europea que non fai máis que medrar desde o Tratado de Roma, e que cada vez deixa ver mellor a súa cara. A unidade é o que o nacionalismo tería que criticar.  Non facelo ven sendo ter nostalxia do ideal de “un Monarca, un Imperio y una Espada”

                                                                    Volver a Europa