LIBERTÉ, EGALITÉ, FRATERNITÉ

LIBERTÉ, ÉGALITÉ, FRATERNITÉ…

 

Palabras que tiveron moito éxito, que valeron moito para facer propaganda, e que conviña revisar para ver se responden a conceitos tan desexábeis como se supón habitualmente.

 

A liberdade de seu pode ser boa ou pode ser  puro egoísmo e un abuso de poder. A liberdade para facer o que a un lle peta en todo momento ten como consecuencia que outros pagan por ela. É un feito histórico indiscutíbel que a liberdade de algúns pagouse coa escravitude de outros. Sería mellor sustituir a liberdade pola independencia, moito mais valiosa e moito mais fructífera. Por exemplo, o mercado “libre” trouxo liberdade para que algúns puidesen facer os grandes negocios sen que ninguén os freara. O que non trouxo foi independencia.

 

A igualdade sen mais significa moitas veces inxusticia. Sustituila pola equidade daría mellor resultado en todo.

 

E a fraternidade é unha leria patriarcal que as relixións promoveron con forza porque lles conviña. De feito, a famosa fraternité da revolución francesa tivo efeitos pésimos para as mulleres, que antes da revolución contaban moito mais do que contaron  cando o poder total pasou aos “irmáns”. Sería mellor sustituir a fraternidade, que é un feito sen valor moral ningún de seu, pola xenerosidade e a crencia en que hai que tratar ben a todo o mundo sen necesidade de criar vincallos clánicos, exclusivistas e divisivos.

 

Voltar ao boletin en curso