LIBERDADE DE
PENSAMENTO E EXPRESIÓN
Que nas
democracias haxa
moita
menos
liberdade de expresión da
que tiña
que haber
non pode
ser
desculpa
para festexar aos
que cren
que non tiña
que haber nengunha.
O
mais
útil sería
lembrar en
todo
momento
que o
sistema de
democracia
política non garantiza de
seu a
liberdade,
ainda
que a propicie, e
que hai moito camiño
que
andar
para conseguila.
Para quen crea na
liberdade e no
direito a expresar opinións, e
sobre
todo en
que é desexábel
que se alente e non se apague a
diversidade, a reacción musulmana está
errada,
igual
que está errado
que non se
poda dicer
ou escreber
que non houbo
holocausto dos xudeus. O
que haberá
que facer
cunha
tese
que pareza desatinada será discutila
e probar
que é un
desatino, non acalala.
Voltar ao boletin en
curso