OS INSULTOS, PEDRA DE TOQUE

         É un feito ben coñecido que unha das maneiras máis certas de saber cál e a lingua principal dun falante que ten dúas ou máis, ou seña, cál é a que sinte como súa, consiste en ver qué idioma usa cando se alporiza, en que lingua insulta. Un dos feitos máis indicativos de que non se cultiva o galego como debía, nen sequer por quen escolle falalo, é que, na hora de insultar, insúltase en castelán. "Gilipollas" (ou xilipollas, que tanto ten) e insultos desa caste debían desaparecer do vocabulario de quen practique a fala galega.  Sería ben útil ter unha lista de insultos en galego e utilizala chegado o caso. Mentras eses insultos non se interioricen e saian espontáneos estará clarísimo que o galego se fala como idioma secundario e alleio á propria psique.

 

Voltar a Lingua