Grupo de Traballo Galego

 

 

Grupo de Traballo Galego

de Londres

 

Boletín

Cuarta época

Número 37

                                                                  Marzo 2009

                          gtg@aol.com

 

     

 

Presentazón

A nosa historia

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Eivas patriarcais

Europa

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

Publicamos neste número a duodécima das cartas do libro

Cartas sobre España e Galicia a Emilia Pardo Bazán,

 orixinal de Teresa Barro. Pulse

CARTA XII

Para as cartas anteriores:

CARTA XI

CARTA X

CARTA IX

CARTA VIII

CARTA VII

CARTA VI

CARTA V

CARTA IV

CARTA III

CARTA II

 CARTA I,

======================

Na sección de textos varios (clique na columna da esquerda) engádese, dentro da nosa temática diásporica, un artigo de Edmundo Moure sobre Ramón Suárez Picallo, o sadense universal; experiencia chilena: 1941-1956.

======================================

A GALIZA QUE QUIXÉRAMOS

                                                                               

Hai que idear Galiza, soñala. Sen iso, non se fará mais que recuar e entender por identidade a marca dun pasado ao que se hai que apegar, valga para algo ou non. Un pasado que por riba non se quererá analizar con sinceridade, porque, ao estar vencellado á identidade, haberá que glorificalo. Pensar que a identidade só se consegue venerando o pasado é o típico do patriarcado, que é un sistema autoritario e de control absoluto que non deixa ollar para adiante. E ollar para adiante é que ten que facer a Galiza.

           O patriarcado impera no mundo inteiro dende tempos inmemoriais, pero na Galiza ten características mais negativas que noutros lugares. Esas características (o culto á Nai, o enfamiliamento, o sentimento de culpabilidade con respeito aos pais e o peso esmagador dunha débida que se ten con eles, o non desapegarse nunca da familia na que se naceu e o querela glorificar, a obsesión coas figuras familiares, o espírito impositivo, a preferencia polo autoritarismo…), se non se corrixen, paralizaránna sempre. O amor á patria hai que analizalo e pulilo para que non leve á involución e a repetir pautas da sociedade que poden mesmamente ser unha traición á patria. Patriotismo sería loitar por libertar á Galiza dese aborrecíbel patriarcado que as circunstancias históricas inseriron nela e que a abafan e non a deixan atopar a sua verdadeira persoalidade e desenvolver o seu potencial. 

 O que quixéramos para a Galiza

      Que se anime á xente nova a que estude o que mais lle chame e  aspire logo a traballar  no que mais lle chame tamén. Tería que acabar para sempre a idea de que o que hai que facer é conseguir un emprego ben pago no que haxa que traballar o menos posíbel. Esa é unha das formas que teñen a familia e a sociedade patriarcal de controlar aos xovens e desmoralizalos para que non teñan de feito mais saída para a sua vida que a de ficar envolvidos na Familia.

      Que haxa unha vida intelectual intensa. O que se cultiva é a pasividade intelectual e o dar por feito que non hai que pensar. As consecuencias diso son que resulte moi doado dictar o que hai que pensar e facer, e que haxa moito medo a separarse da manada. Para ter unha vida cultural activa, e non unha cultura de oferta e de museu, sería importantísimo que todo se debatese e sometese a crítica. Talvez fundar sociedades de debate sería unha maneira de facer o exercicio intelectual que é preciso para independizar a mente o poñela a traballar. Sen pensamento non se pode facer un país, e toda identidade que pareza conseguirse dese xeito será falsa.

      Que se respeite aos xovens e se lles oferezan opcións interesantes; que se parta do suposto de que eles precisan facer as suas personalidades propias e desenvolver o potencial que teñen, e que non se lles obrigue a entrar en camiños que non respondan ás aptitudes e inclinacións que cada un teña.

      Que non se espere que os xovens cumplan có que os vellos decidan, ou, dito de outro modo, que non se dé por feito que as autoridades familiares teñen sempre razón e queren o mellor para eles. A xerarquía entre novos e vellos, na familia e na sociedade inteira, tería que desaparecer; nen se debería consentir e mimar aos novos, porque con iso se lles fai dano e tamén é unha maneira de controlalos e de apoderarse deles para sempre, nen se debería consentir e mimar aos vellos, porque con iso tamén se fai dano a eles e á sociedade toda. Os “vellos” terían que aprender a respeitar e animar o que os xovens podan traguer de novo ao mundo. Sen iso, un país non pode ir adiante, pois que se abafan xeracións inteiras.

      Que se deixe de practicar a inxusticia. Non hai quen non sexa inxusto ás veces, ainda que se propoña non selo, pero a inxusticia ocasional non fai o dano inmenso que se fai ao practicar a inxusticia como cousa normal. A Galiza é un país afogado pola inxusticia individual e colectiva. Tanta inxusticia cría desconfianza, desmoraliza e fai cuase imposíbel, entre outras cousas, a relación criativa entre as persoas.

 

Que deixe de estar enfamiliada. A obsesión coa familia na que se nace non deixa evoluir. A Galiza non poderá ir adiante mentres os galegos e as galegas se sintan obrigados mais que nada a glorificar á familia na que naceron, mentres vivan obsesionados cós pais, as nais e os irmáns, e mentres todo o que fagan esté  no fondo dirixido a esas figuras. Terán que aprender a se independizaren, física, económica e moralmente, a abrir as alas e voar, ollar para adiante e querer cumplir con eles propios. Porque ninguén que non aprendera a cumplir con ele proprio poderá cumplir cós demais. Sen iso non saberá nen quererá relacionarse con mais ninguén que os da sua “familia”. Axudaría se, en vez de de considerar como o mais alto nas relacións ser da familia ou “como se fose da familia” ou “como irmáns”, se considerase que a relación mais elevada é a amizade e que habería que aspirar a que os da familia fosen amigos verdadeiros. “Ser como irmáns” non pode ser un ideal desexábel,  porque esa é unha relación obrigatoria, que non se escolle, e os irmáns non sempre se entenden. É un dogma da familia patriarcal o da Familia unida, pero ese tipo de unión non pode traguer mais que abuso. As relacións obrigatorias, como son as dos irmáns e as de pais a fillos, teñen que transformarse e elevarse para que funcionen.

      Que se cultive a valentía. Sen iso non se pode facer nada na vida que mereza a pena. O duro patriarcado que se apoderou da sociedade galega inseriu covardía e espírito traicioneiro. No sistema patriarcal se exixe valentía aos que se mandan ás guerras e se invoca o honor para a Familia, pero se impide que en calquera outro caso se practiquen a honorabilidade, a valentía e a integridade, porque iso o destruiría.

      Que se deixen de seguir os padróns da España imperial e inquisitorial na visión do mundo exterior. Para entender o mundo exterior hai que parar de dividilo entre os bons e os maus e de velo todo en branco e negro. A visión que se ten na Galiza territorial do mundo exterior é a que transmite Madri. Non só habería que acudir a outras fontes menos tendenciosas e simplificadoras, senon submeter a debate e crítica continuos o que se pense que sucede no exterior depois de enteirarse polo menos un pouquiño. Estar sempre en postura de amigos ou inimigos, de crer todo ou de non crer nada, de aceitalo todo ou de rexeitalo todo, leva a un grave descoñecimento do mundo e a non poderse situarse nel de verdade. Esa visión da España imperial e inquisitorial influiu inmensamente, para mal, na relación da Galiza territorial con Portugal e coas Américas.

 ===========================================================

=====================================================

RECOMENDACIÓNS

Para ver Viento de Marzo. Hojas de pensamiento aireado pulse www.vientodemarzo.co.uk

Biografías de membros do GTG en http://www.barrobarreiro.blogspot.com

 

 

     

 

            Presentazón | A nosa historia | Números anteriores |Alicerces nacionalistas | Diáspora | Eivas patriarcais |Europa | Lingua | Textos varios | Ligazóns |

Para perguntas ou comentarios poden dirixirse ao Webmaster: julitembras@googlemail.com

Copyright 2003 Grupo de Traballo Galego de Londres