O idioma español na Unión Europea

 

A Unión Europea premiou aos españois que se sentiron mais europeos que ninguén tirando o idioma español de entre os principais de uso oficial na burocracia de Bruxelas. O certo é que ningún dos idiomas que se falan no territorio ocupado pola Unión Europea merece que se lle dé preferencia, se ao que se atende é á “importancia” que podan ter. A importancia que ten o idioma español non ven de que se fale en España, senon de que se fale en moitos países de América. A importancia do francés non ven de que fale na Francia, senon de que se espallara por algúns países de África, algún de Asia e algún de América do Norte. A importancia actual do inglés non ven de que se fale nas illas británicas, senon de que se fala nos Estados Unidos de América. Para demostrar ese igualitarismo que disque ten a Unión Europea, o mellor sería que o francés deixara de ser idioma preferido nos documentos oficiais. Se o que conta non é o poder político e as aspiración hexemónicas de algúns países, no debía haber inconveniente ningún en que o idioma francés pasase a segundo plano, ou a terceiro ou cuarto, dentro da Unión Europea.

 

Francia non deixará de ningunha maneira que iso suceda, porque, con razón ou sen ela, ainda defende o propio e actúa como unha nación. Ao que aspira é a que en Europa non haxa mais nación que ela e como moito Alemania, como núcleos de zonas de influencia e clientes: unha cara ao Sur e a outra cara o Leste.  España deixará ir o idioma e todo o demais que lle irán quitando, porque nunca soubo defender fóra o propio e nunca actuou como unha nación

Voltar a Europa