IDENTIDADE GALEGA

 ¿Qué é isto de “Identidade galega”? , ¿aina?, ¿ouboa?, ¿desapareceu? , ¿desexase?... e eisí moitos interrogantes que se poden sumar a ístes e que todos deixarian no aire respostas que moi poucos se fan, e menos deseian.

 Centos de miles de galegos e galegas, a traveso dos séculos levaron enriba do seu pesado corpo, a sombra das respostas, sin que poideran (poideramos) respostar convencidos e orgullosos, so pena de verse reprimidos, e con elo principiar a xá vasta dialéctica que aconsella non expresar sanos sentimentos no eido da identidade.

 Asistimos como espectadores ás alegrias deportivas e manifestacións culturais de centos de países e nacións, a maior parte deles sin sustrato étnico-histórico-cultural que se poidan comparar a Galiza; e forzosamente vémonos na obriga de arrimar unha non moi dinámica vontade á esaltación da identidade ficticia que precisamente foi o xestor da decapitación dos nosos valores culturais, históricos e identitarios: Castela, versus Hespaña. Galiza non existe coma orgullo deportivo, non existe coma cultura, non existe coma etnia, pobo ou nazón de seu no ámbito internacional que nos leve a identificarnos e a que nos identifiquen coma tal nazón, pobo ou cultura no xá moi competitivo deporte das confrontacións.

 

¡¡ Nós, galegos e galegas temos historia !!,  ¡¡e propia!!, coma pobo, coma cultura e quizais coma xérmen importante da cultura occidental.

 

A destrucción sistemática dos valores e esencias do ser galego, da cultura e culturas que procede, e da importancia de ísta, ten moito que ver co paradoxo de que precisamente, reis e raíñas saídas da nobreza galega “que era a nobreza por excelencia da península (Camilo Nogueira, A Nosa Terra, num.996, páx.9)”, é en territorios baixo denominación Gallaecie, con orixen dinástico nas capitais de ístes dominios, rexeitaron o nome e fala dominante pra facerense cunha denominación que significaba terra de mouros, a Hispania moura, logo de decapitar á verdadeira dinastía monárquica que principia a conquista e expulsión dos mouros da península.

 Da noxo e arrepíos leer e escoitar a líderes políticos, a un presidente de goberno español de orixen andaluz, clamar e asegurar que as únicas nacionalidades históricas (se supón que incluiría a orixinal dos Reis Católicos: España) son ¡¡Cataluña e o País Vasco!!..., pero, máis noxo e arrepíos da convivir, darlle de comer e poder, a unha rastra de caciques e persoeiros galegos que se van traspasando o bastón de mando ininterrumpidamente, facendo á perfección o papel dos “nobres galegos”, obrigados a rendir pleitesía aos novos monarcas con sede en Madris; ca diferencia de que xá non están obrigadosa transladarse fora do antigo Reino.

 ¡¡ Nin son nobres nin son galegos !!, son traidores e vende-patrias, e a historia a Nosa Historia, eisí o reflexará ca vontade dos galegos e galegas que loitan pola dignificación da nosa fala, da nosa cultura, da Nosa Historia e dos dereitos coma pobo a existiren e a ser respetados.

 A identidade galega pervive, e transmítese de xeración a xeración, e con forza canto máis lonxe nos leven os camiños da vida. É necesario recuperar nos ámbetos nacionais e internacionais a identidade galega, o dereito de sentírense galegos, de constar coma galegos e de ser reconhecidos coma galegos os nacidos e identificados con Galiza e os seus descendentes, o normalizar relacións co resto de nacionalidades e Estados, de normalizar acordos que amparen o uso da dobre nacionalidade eilí onde aía un galego e a sua descendencia, que po-los avatares da vida, fixo tomar novas persoalidades xurídicas identitarias, nun proceso de emigracións e fuxidas políticas. Ë necesario ser fideis co carácter galego de por as verdades por enriba dos intereses, e de por as bases do respeto ao individuo e a colectividade, sin ameazas e imposicións, na búsqueda do entendimento e da leitura honesta da Historia das Historias que falsamente se obriga a adeprender para conformar verdadeiros fundamentalismos-extremistas que neguen co poder das armas e económicos dereitos e realidades históricas.

 

Federico E. Avila Soto.

O autor vive nos Países Baixos e pertence ao colectivo “Galicia Espallada”.

Poden responder ao autor co enderezo: favilasoto@zonnet.nl

O enderezo de “Galicia Espallada” en Internet  é:

http://www.geocities.com/galiciaespallada/

 

 

Voltar a Diásporas