PATRIARCALISMO E DISCRIMINACIÓN POR IDADE
O patriarcalismo, ese sistema de control que rexe as nosas vidas xa dende que nacemos na familia patriarcal, funciona impondo a autoridade xerárquica, a desigualdade e a discriminación en todas as esferas.
Nestes momentos hai conciencia nas sociedades occidentais
de algunhas das discriminacións mais aparatosas do réxime patriarcal,
Unha das piores discriminacións que impón o sistema
patriarcal, e que ainda está sen estudar, é a discriminación por idade que nos
vira a todos carga inútil e peso morto na sociedade axiña que chega a idade do
“retiro” O tal retiro é, na realidade, un arrincoamento que o sistema precisa
para funcionar ben e que non ten base real nengunha. Os efeitos do
envellecimento están pouco estudados e non se
distingue ben o que é doenza do
que depende da idade, pero cada vez
constátase mais que as faculdades mentais se perden por falta de uso e se
acrescentan canto mais se usen. A comprovación recente de que estudar
un idioma extranxeiro contribúe nas persoas maiores
a que conserven e até aumenten as faculdades vai nese sentido. Hai
un erro fundamental no noso entendimento das
“idades da vida” e a prova é que todos vemos cómo varía según a época e o país
no que vivamos. Hoxendía nos países industrializados os sesenta anos de idade
son equivalentes aos coarenta de hai unhas décadas. E decerto que canto mais
patriarcalizada esté unha sociedade, mais se practicará a discriminación por
idade,
A discriminación por idade ten un efeito degradante na sociedade. O “retiro” só pode vir coa morte e o outro retiro é unha morte prematura imposta polo sistema patriarcal, que obriga a aceitar cargas inxustas e pesos mortos. O de que “os vellos” estén destinados a ser carga inútil e peso morto é un dos alicerces do sistema, para ter aos fillos, e sobretudo ás fillas e ás mulleres en xeral, prendidos e sen poder acadar nunca a liberdade que é precisa para que cadaquén realice o seu potencial humán.
O sistema patriarcal fomenta o culto aos vellos, ainda que os trate mal, para asentar a dependencia. Promover a independencia de todos, vellos e novos, sería o único que mudaría a sociedade radicalmente e na Galiza esa é a tarefa mais urxente que compre acometer.
[Boletín do Grupo de Traballo Galego de Londres, cuarta época, número 3]