NACIONALISMO E GOVERNANZA
As estructuras autoritarias teñen sempre grandes ventaxas para os que
queren reducir a política a xogos politicalleiros, a “tocar poder” e repartiren postiños. O
que non queren eses politiqueiros é ter que levar á práctica o que predican. O
deles é a retórica e a farfallada, sen teren que governar de verdade. O de que
mande Bruxelas e o de que non se poda facer nada en esfera nengunha porque
Bruxelas “non deixa” é unha bendizón
para os amantes do autoritarismo, que o que menos queren é
responsabilizarse de nada e ter que dar contas do que fan ou non fan.
E resulta algo preocupante que ao nacionalismo galego non pareza que lle
cause inquedanza este asunto, e se contente con aceitar o que
Se ser nacionalista galego consiste fundamentalmente en crer que Galiza debe ter governo
propio e proxecto político particular para resolver os seus problemas, iso é
incompatíbel con deixar que a governen outros. E ese é un dilema que haberá
que defrontar con sinceridade, sen tapar os ollos para non velo.
Triste sería que o nacionalismo se centrase en se nos deixan usar ás
veces a língua galega nalgunhas
institucións supraestatais, ainda que sexa en tosca traducción á máquina, ou
se nos deixan figurar