FALSOS BANDOS

FALSOS BANDOS

 

Non haberá que demonizar. Mas tampouco haberá que santificar para opor santos a demos e facer sempre dous bandos. No século pasado o mundo político dividiuse en direita e esquerda, democracia e comunismo. Uns eran santos e outros demos según onde se apontase cadaquén ou onde o apontasen. Agora resulta que a división vai ser entre relixións (unha indicación mais do atraso ao que nos están levando os que dirixen a marcha do mundo).

 

E a mellor maneira de loitar contra ese espírito de cruzada ou de guerra santa que queren espallar os que non cren en mais nada que en acumular diñeiro sería negarse a ver o mundo como se fose unha película de bons e maus e deixar de crer que hai sempre un “inimigo” que non deixa que as cousas saian ben. Tería sido moito mais intelixente e fructífero, por exemplo, que os partidarios do comunismo analizasen o que sucedía nos países que o practicaban, que farían unhas cousas ben e outras mal, como todos. Taparon os ollos para non veren o que non lles agradaba e logo tiveron que se desculparen có de que non sabían o que estaba pasando, có que contribuiron ao desprestixio da causa que apoiaban. Non se aprenderá nada de ningunha experiencia e seguiremos sempre na mesma mentres non se analice nunca o que sucede nos países, sexan “imperialistas” ou “víctimas do imperialismo”. Se o que se busca é estar cós que pensan e sinten igual que ún, é mellor satisfacer esas ansias apoiando a unha equipe de futebol. O outro é facilitar a tarefa aos que utilizan  emocións e sentimentos toscos e disformes para levalo todo por onde eles queren.

 

Voltar ao boletin en curso