¿ESTAMOS NO MUNDO DA LÍNGUA PORTUGUESA?

 

Para convencer aos que non queren o galego da utilidade que poda ter aprendelo arguméntase que é unha língua “universal” porque está no ámbito do portugués.

 

É certo que o galego de seu é a mesma língua que o portugués, mas por razóns históricas, políticas e psicolóxicas  hai moitos séculos que deixou de estar no mesmo ámbito que o portugués. Entre o galego oficial e “normalizado” de hoxe e o portugués hai tanta diferencia como entre o castelán e o portugués, porque ese “galego” que se impón pola forza non é mais que castelán galeguizado.

 

Para alguén de língua portuguesa tan alleo é “conejo” como “conexo” ; outra cousa sería se lle dixesen “coello”, que é como se di en portugués e como se di en galego de verdade. Tan alleos son á língua portuguesa, ou á galaico-portuguesa,  “viernes” e “miércoles” como eses horríveis “venres” e “mércores” que nunca existiron no galego de verdade e que nunca se terían inventado se houbese algunha intención de recuperar o galego. E a alguén de língua portuguesa élle mais doado de entender se ve escrito “una” en castelán que se ve “unha” en galego inventado, que lerá “uña”.

 

Os que cren que se pode entrar no ámbito do portugués có “galego” debían facer a prova de ver se son capaces de entender unha película en portugués. Se non entenden, ¿será que os da película non saben falar e falan “gallego cerrado” como falaban os da aldea?