A UNIÓN EUROPEA DE ESCAPARATE

 Os que mandan na Unión Europea decidiron que non pode ser que os habitantes dese paraíso non estén contentos e até se atrevan a votar que non ao que se lles propón, e chegaron á conclusión de que o único que pasa é que a “presentación” non foi  boa abondo e que non se lles explicou ben a marabilla que supón ese proxecto. Créanse, pois, para remediar ese problema de presentación, unha chea de postos moi ben pagados  (có diñeiro dos contribuíntes) de propagandistas que se dedicarán a contar o ben que vai todo ainda que cada vez vaia pior.