|
Presentazón
A nosa historia
Números anteriores
Alicerces
nacionalistas
Diáspora
Eivas patriarcais
Europa
Lingua
Textos varios
Ligazóns
|
|
Publicamos neste número a
décima das cartas do libro
O atraso psicolóxico da Galiza: Cartas a Emilia Pardo
Bazán,
orixinal de
Teresa Barro. Pulse
CARTA X
Para as cartas
anteriores:
CARTA IX
CARTA VIII
CARTA VII
CARTA VI
CARTA V
CARTA IV
CARTA III
CARTA II
CARTA I,
======================================
Eleccións de marzo
Máis
unha
vez as eleccións revelan a crecente nivelación achairante
da Galiza na
política do
estado español. O
censo
galego segue sendo un terreo
onde apañan
votos as
grandes
maquinarias
políticas dese
estado, e non un
foro
onde compiten diversas
propostas
políticas
para o
país, xeradas no
país
mesmo. Esa é a lóxica da solución
autonómica acordada na
chamada transición,
que, nesta
como noutras cousas, foi
unha
grande solución de
salvamento da orde
social estabelecida e exterminio da disidencia renovadora.
Coa pasaxe do
tempo vanse consolidando as posicións e vaise acentuando a
penetración continua dos
modos culturais e
políticos propalados dende Madrid. A
capital,
que segue esfarrapando as
suas competencias
nos
despachos de Bruxelas, mantén
intacta a influencia esmagadora nas nacións
peninsulares das
que lle podería
vir
pulo de orixinalidade. Persiste dese xeito un
sono imperial español
que fracasou no
mundo pero segue vivindo
como un crudel
fantasma no
estado das autonomías.
===========================================================
A
polémica
sobre a
literatura
galega
A polémica
disparada polas destemidas afirmacións de
Franco
Grande
sobre a
deficiente calidade da
literatura
galega dos
últimos coarenta
anos debe
ser benvida.
Unha
cultura sadía
precisa desas polémicas, e se non as aguanta é
porque está
doente.
Ten
que haber voces así, e teñen
que
vir da
independencia do
intelectual no millor
sentido da palabra. Non
van
vir do
industrial da
cultura, nen do beneficiario dela,
sexa na propia
cultura
ou na
propaganda
política, nen do
especialista académico. Non é
nada
difícil
ver cómo
todos eses estamentos, a carón da súa actividade xustificada,
teñen
fortes intereses creados.
Claros
nos
casos dos
industriais e dos
políticos, existen tamén
nos académicos,
que estudan o
que existe e teñen
que
manter a
súa producción e as súas
carreiras.
As
culturas á
defensiva,
ou as emerxentes, son propicias a se sentiren atacadas
por quen poña dúbidas á
sua calidade. Todas as “causas” exixen
lealdade
cega e condean aos “augafestas”. Esa é
unha das
eivas
que máis estragan
empresas
nobres na súa concepción e desexábeis
por
tantos
motivos. A
curto
prazo poderase
pensar
que máis tería valido
que
Franco
Grande non dixera esas cousas, pero ollando con
algo máis de
amplitude e con
verdadeiro interese polo
futuro da
literatura e da
cultura galegas, habería
que agradecerllo.
As
respostas ao afirmado
por
Franco
Grande non aproveitaron a ocasión
para
esclarecer con
qué padróns se pode xulgar a criación literaria
posta en cuestión. Hai nelas,
implícita
ou
explícita,
unha aceptación “do
que se fai”, un
paralelo coas
normas, en
definitiva, da
literatura
española na versión canónica
que no
mundo contemporáneo estabelece quen manipula o
mercado do libro.
Por ese camiño vaise
cara o
esmagamento da criación. A xustificación dunha
literatura nunha
língua é o
que aporte, non ao mundiño das
letras, senón aos intereses
supremos do
espírito. E, dende ese
ponto de
vista, un
intelectual galeguista ten razón
para sentírese
preocupado.
==========================================================
Lutero e
a
cultura
vernácula
Se traguemos aquí estas citas de Lutero non é pola
súa referencia aos
textos relixiosos en lingua
vernácula, nen
para
descalificar o meritorio
labor
que se ten
feito
para
criar liturxia
e devoción en
galego. O que semella
útil, e ten moito
que
ver coa
reflexión
anterior, é a insistencia do
reformador no enraigamento en
toda a
realidade
nacional. E o
feito de
que se trate de
textos do espírito
universal, da
motivo
para
cavilar na brillante solución do
que puidera semellar un conflicto
entre o
particular e o
universal.
Cuestión moi
básica
para
todos os
nacionalismos e
para o
encadramento destes nunha
perspectiva filosófica
que ousaríamos
chamar
idealista.
Escrebe Lutero nunha carta:
Gostaríame dicir
unha misa en alemán, e xa
me estou ocupando diso; pero quixera
que tivese verdadeiro ár alemán. Traducir sen máis o
texto
latino, conservando o ton e o
canto costumeiros, poderá
servir, sen dúbida, pero non soa ben e non
me
deixa
satisfeito. O
que fai
falta é
que
todo,
texto e
notas,
acento e xestos, veña da nosa lingua e da nosa
voz natais. Se non é dese xeito, non será máis
que imitación e monicacada.
E máis
adiante
Coido
que serei quen de facer ese traballo,
para o
que se
precisa
música e espírito.
E ainda mais:
Mándoche otra
vez a misa. Toleraría
que se cante así, pero non
me agrada
que se conserve a
música
latina coas palabras alemanas. Quixera
que se adopte o
canto alemán.
Entrar
no
discurso
universal con
música e palabras galegas. Velaí
unha
pedra de
toque
para as
letras galegas.
========================================================
¿QUÉ FAMILIA DEFENDEN AS
AUTORIDADES ECLESIÁSTICAS?
Non é
que as
autoridades eclesiásticas non teñan
direito a
sair á
rúa
para
defender algunha
causa.
O malo é
que as
causas
que din
defender encobren o
que de
verdade lles interesa,
que é o
poder
social, económico e
político. Compre non
esquecer
que a igrexa
católica española acadou un
poder
inconmensurábel no imperio español, e
que apañou un inmenso patrimonio e cuase ilimitadas
fontes de
riqueza e influencia.
A xerarquía do catolicismo político di que defende a Familia. ¿E que
familia é esa? Porque o que as autoridades eclesiásticas queren é
unha institución autoritaria que é sexista, malintencionada e crudel
e que permite e cultiva o abuso sexual e de todo tipo, esmaga
a independencia e mata a capacidade criadora. Debían pensar que unha
familia así non pode ser cristiana.
¿E
que
van
saber
do
que é
ou
poda
ser
unha familia os
que non fan familias propias e pasan a
vida
toda sen chegaren a
ser
compañeiros,
esposos e
pais, sendo fillos
nada
mais? Se non queren facer familias e consideran
que
tratar con mulleres rebaixa de categoría, debían
calar
sobre ese
tema e ocuparse de
outros
que merecen atención
espiritual: a
pobreza, a prostitución, a codicia, o
abuso
sexual, a desigualdade económica e
social… a inxusticia, en
definitiva. Se non se ocupan das cousas do
espírito, ¿cal é o
seu oficio? E se son
unha forza
política e económica, deberan apresentárense
como
tal ao
eleitorado.
E
tanto é o
entusiasmo das
autoridades eclesiásticas pola “familia”
que semella
que
agora
van
empezar a facer dinastías e a “pasar o
apelido”
por vía
masculina
ainda
que non podan
ter
fillos. Seique vai haber un
Rouco o
Novo e
un
Rouco o Vello,
ou un
Rouco I e un
Rouco II…
=====================================================
RECOMENDACIÓNS
Para ver Viento de
Marzo. Hojas de pensamiento aireado pulse
www.vientodemarzo.co.uk
Biografías de membros
do GTG en
http://www.barrobarreiro.blogspot.com
|