Grupo de Traballo Galego

 

 

Grupo de Traballo Galego

de Londres

 

Boletín

Cuarta época

Número 30

                                                                 Novembro 2007

                          gtg@aol.com

 

     

 

Presentazón

A nosa historia

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Eivas patriarcais

Europa

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

Publicamos neste número a octava das cartas do libro

O atraso psicolóxico da Galiza: Cartas a Emilia Pardo Bazán,

 orixinal de Teresa Barro. Pulse

CARTA VIII

Para as cartas anteriores:

CARTA VII

CARTA VI

CARTA V

CARTA IV

CARTA III

CARTA II

 CARTA I,

 

A NECESIDADE DA POLÍTICA

 Non podia ser que a Galiza, encaixada ben que mal no Estado español, na Unión Europea, e nun mundo cada vez máis homoxeneizado na aparencia, escapase ás graves doenzas que enfeitan a vida política en todos eses confins.  E bon sería que poidese escapar, porque está viva aínda a esperanza de que o noso país achegue novidades valiosas ao mundo e a cantos no mundo estamos.

 Dise que a política perdeu creto, e abofellas que da nos ollos que iso é certo. O que así se perde é a esperanza de darlle á sociedade e á historia  un motor diferente do neocapitalismo depredador.

 A política é unha nobre criación do espírito, si se entende como campo de enfrentamento e debate de visións diferentes da vida social. A súa tarefa é conciliar esas distintas visións e as variadas aspiracións dos intereses e das clases de maneira que, sen abafar nen suprimir pola violencia nengunha delas, se chegue a unha síntese que permita a vida en común. O poder político lexitímase por encarnar e aplicar esa síntese, e non pode ter outra lexitimación se non queremos perder o progreso definido por unha brillante tradición de pensamento libertador.

 Sempre aspiraron os económicamente fortes a rebaixar ou destruir a política.  E cando os económicamente débiles chegan ao poder, fan da súa precariedade alavanca para esa mesma destrución.

 Arma favorita da contrapolítica é a propaganda da eficacia administrativa. Non importa que o gato sexa branco ou preto se caza os ratos. Así vaise reducindo a política a unha loita por conseguir o poder e perpetuarse nel: por ser o gato que máis caza ou, millor aínda, o único que caza ou aquel que se queda có maior quiñón da caza dos demáis.

Nada ten de raro, nesas circunstancias, que a maior preocupación dos políticos gobernantes sexa a súa permanencia no poder. A ese fin adícan, sin gardar proporción nengunha, o seu tempo e as súas faculdades. O que se chama “politizar” é utilizar para ese fin todas as cuestións que sen trégola se prantexan na sociedade. Perante eses problemas, os que se din administradores dos bens comúns, reaxen como clase, a “clase política”, que, como as demáis clases, defende por riba de todo os seus intereses parciais.  E para iso, para subsistir, ten que servir aos intereses económicos máis fortes.

 Ao eleitorado habería que ofrecerlle, na democracia real, diferentes opcións, diferentes xeitos de configurar a vida en común.  Pero na perspectiva dos intereses da clase política, ninguen ousa facer iso.

 O pior é que esa ausencia de lideranza intelectual e moral revirte na sociedade, que se vai facendo máis apática e máis propicia a ser manexada por un sistema económico que convirte o cidadán en consumidor.

 Se a Galiza quer sair dese círculo vizoso terá que prantexarse moi a fondo o que quer ser como sociedade diferenciada. E cáles son os instrumentos políticos para conseguilo.   Terá que pensar en cómo desfacerse dos atrancos que lle cria un mundo no que pouco ou nada conta. A tarefa é ben difícil, pero tal vez pague a pena comezar por recuperar a política no seu nobre sentido, que é o que de verdade da esa eficacia da que nos falan con engano interesado. E ollar en redor para comprobar como a administración sen política devala en politicaría.

 

 

==========================================================

SAUDADE, MORRIÑA E CRIATIVIDADE

 A morriña, no sentido de extrañar a casa, o lar, o país, o coñecido, é común a toda a humanidade, pero foi explotada por unha parte do galeguismo para estabelecer control autoritario e asentar as típicas desigualdades e inxusticias do sistema patriarcal dándolle a preferencia aos que quedaban “na casa”.

 Esqueceuse, en cambio, cuase por completo, a outra morriña, a que de verdade é galega e portuguesa, a morriña do espíritu que igual se pode ter estando na terra que fóra dela. É esa saudade da psique galega e portuguesa que non se refire a nada concreto e que seguramente podería ser unha auténtica fonte de criatividade en todos os terreos, inclusive no da política, sabéndoa utilizar.

 A criatividade desemboca no contento, pero xurde do descontento e do desacougo. No sistema patriarcal o desacougo non está permitido: é unha doenza de ingratos que se cura sabendo “estar en familia” e sendo “moi de familia”. Ou, se sustituimos a familia pola patria, quedando onde un naceu e sen ver mais alá nen ocuparse do que sucede no mundo. Iso val para amarrar a todos e para que ninguén poda atopar o seu propio centro, ese centro do que emanaría a criatividade.

 Aplícase isto ás personas e aplícase aos países. Un país “enfamiliado” como está a Galiza tería que cultivar a saudade e o desacougo desde dentro para atopar a sua propia personalidade e actuar desde ese centro criativo que leva a facer cousas auténticas que se queren de verdade.

======================================================================

 PONENCIA NA UNIVERSIDADE DE STIRLING (ESCOCIA)

Para ver o texto da ponencia sobre Galiza na política internacional, apresentada por Fernando Pérez-Barreiro Nolla nas xornadas que, có titulo de "A galaxia explicada: cultura galega en diálogo" se celebraron no Centro de Estudos Galegos, do que é Director  Craig Patterson, na Universidade de Stirling os días 7 e 8 de xuño de 2007, pulse no enlace seguinte:

Making an impact on international relations: A Galician perspective

======================================================================

RECOMENDACIÓNS

Para ver Viento de Marzo. Hojas de pensamiento aireado pulse www.vientodemarzo.co.uk

Biografías de membros do GTG en http://www.barrobarreiro.blogspot.com

 

 

 

 

     

 

            Presentazón | A nosa historia | Números anteriores |Alicerces nacionalistas | Diáspora | Eivas patriarcais |Europa | Lingua | Textos varios | Ligazóns |

Para perguntas ou comentarios poden dirixirse ao Webmaster: fiallega@grupotraballogalego.uk.net

Copyright 2003 Grupo de Traballo Galego de Londres