Grupo de Traballo Galego

 

 

Grupo de Traballo Galego

de Londres

 

Boletín

Cuarta época

Número 28

                                                                 Xulio 2007

                          gtg@aol.com

 

     

 

Presentazón

A nosa historia

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Eivas patriarcais

Europa

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

Publicamos neste número a sexta das cartas do libro

O atraso psicolóxico da Galiza: Cartas a Emilia Pardo Bazán,

 orixinal de Teresa Barro. Pulse

CARTA VI

Para as cartas anteriores:

CARTA V

CARTA IV

CARTA III

CARTA II

 CARTA I,

 

======================================================================

VOTOS, EMIGRAZÓN E DIÁSPORA

  Veñen e van as opinións sobre o malchamado “voto emigrante”, quer dicer, o voto dos emigrantes, ou millor ainda o voto da Diáspora Galega. O asunto merece debate, sen dúbida, porque ten moito que ver coa democracia e coa idea do que é a Galiza. Aquí queremos salientar agora unha cuestión moi fundamental que está no cerne da polémica e non acaba por vir á superficie.

 

            Para comezar, se botamos unha ollada ao que se vai decindo a este respeito, veremos que non é só nos medios impresos onde se manifestan as opinións, senón que son estas moi abondosas tamén no espazo cibernético. Isto importa moito, porque, por unha banda, amostra unha mudanza fundamental na estructura da opinión pública galega, incorporando sustancialmente a ela a xerada fóra do territorio da comunidade definida con estreito criterio xeográfico e, pola outra, permítenos ver diferenzas de expresión moi significativas. Dito con brevedade, a expresión das opinións diaspóricas soa máis desenvolvida e aireada, poderíase decir que máis “educada”  que ao do interior, se por educación entendemos respeito polos demáis. Hai algunhas, poucas, excepcións, explicábeis pola xusta irritación que no galego de fóra provoca o descoñecimento despectivo da súa natureza humana e política.

 

            Levar en conta esa ampliación do contacto, que ven reforzar e facilitar a sustancial unidade da Galiza como realidade diaspórica, é indispensábel para desbotar argumentos baseados no pretendido alleamento de quen está fóra, que se xa non era verdade na vella diáspora, a pesares de todos os atrancos, fica arrumbado nesta nova diáspora da comunicación instantánea.

 

            Deste contacto coa opinión resulta un trazo triste: a comprobación de que por tras dos termos do debate (circunstancias do voto, oportunidades de deturpazón, etc.) albíscase a persistencia dunha idea do galego diaspórico que é negativa e con moitos ribetes de resentimento. Non é nada novo. Cun pouquiño de atención pódese ver, para maior tristeza ou indignación, que está presente desde hai moito tempo no discurso galeguista. A sangría da que fala Beiras, o pecado sen redención do que falou Piñeiro, os ananos de Celso Emilio, a burla do “indiano” na que caiu o propio Castelao, a versión moderna desa burlaria na crítica de quen volve de vacacións  cun bon auto (ou de quen volve sin ele), como se o automóvil non fose  cobizado símbolo de estatus para quen vive na terra… Tantas e tantas cousas que non poden ser tapadas por quen coñeza a nosa terra.

 

            Triste tamén que isto revele a incapacidade do galegode dentro para entender a quen non sexa exactamente coma ele. O “emigranteou o “sudaca”. Por ese camiño pérdese a expansión de valores humanos que debería ser unha das xustificacións e un dos anceios do autonomismo. E nun terreo no que ter esta poboazón fóra é un trunfo no xogo de cartas internacional.

 

            Os galegos da diáspora son unha rama modificada e engrandecida pola súa experiencia multinacional. Un enriquecimento da identidade, non unha perda.

 

            Hai xai moitos galegos no exterior que non son emigrantes, senon fillos ou netos de emigrantes, galegos diaspóricos, tan galegos como os de dentro, e a quen non se pode descoñecer nen no cultural nen no político. Conviña aprezar e cultivar este feito innegábel e non perderse nun labirinto mezquiño de cálculos eleitorais e argalladas a curto prazo,

 

            A emigración foi o que foi e tivo moitos aspectos, alguns deles tráxicos e outros non. Hoxe, convertida en Diáspora, é unha dimensión positiva e esperanzadora da Galiza total e universal.  Non hai que estragala.

 

====================================================================== 

MANEIRAS DE NON ENTEIRARSE

 Chama a atención que en España non se debata nunca a cuestión da Unión Europea nen se desconfíe dela, e que se tome como se non puidese haber a mínima dúbida de que por aí van as cousas e teñen que ir, e que é o único camiño civilizado. En ningun outro país se acepta esa institución con esa fe e esa credulidade. Mais unha vez, como ven sucedendo desde hai moitos séculos, España queda isolada das correntes de pensamento europeu e mundial canto mais convencida está de ter toda a razón e de que son os demais os que están errados. Antes, esa fe absurda era “relixiosa”. Agora, o que debían ser ideas políticas viraron crencias “relixiosas”.

 

E tudo ven de non querer pensar nen actuar por conta propia e de preferir mergullarse en algo, o que sexa, que traiga o milagre e o paraíso. E tamén de non querer responsabilizarse do goberno do país e preferir ter a quen botarlle a culpa de todo o que non saia ben.

 

¿Qué pasará se un día a Unión Europea deixa de existir, como é bastante probábel que suceda? Pasará que os demais países terán recursos mentais e políticos para facer frente á nova realidade e entendela, e que España quedará, como sempre, frustrada, desanimada e sen entender o que pasou.

 

¿E Galiza? ¿E os nazonalistas galegos? ¿Cómo van facer para pensar na realidade do país desde o fondo e non desde o que xa ven feito por outros? ¿Cómo van explicar que, mais unha vez, deixaron e até promoveron que a Galiza actuase coa pasividade que sempre a relegou e que agora alguns até queren disfrazar de amor á paz?

 

En algúns países da Unión Europea, os que teñen mais personalidade e tradición independente, a desconfianza de UE ven de que non están moi dispostos a que outros manden  neles e de que prefiren arranxar os asuntos propios á sua maneira. En España, en cambio, parece que o único que atrae é figurar e “quedar ben” e que o que menos interesa é responsabilizarse dos asuntos políticos e da gobernanza do país. A España viríalle ben tomar conciencia de que esa postura enraigañada por unha historia tan autoritaria como a que tivo só pode levar ao desengano e a frustración do seu potencial. E a Galiza tería que deixar de degoirar que a leven, a manexen e lle “dean” o que pide, e aprender a responsabilizarse polos seus asuntos.

======================================================================

RECOMENDACIÓNS

Para ver Viento de Marzo. Hojas de pensamiento aireado pulse www.vientodemarzo.net

 

 

 

     

 

            Presentazón | A nosa historia | Boletín en curso | Números anteriores |Alicerces nacionalistas | Diáspora | Eivas patriarcais |Europa | Lingua | Textos varios | Ligazóns |

Para perguntas ou comentarios poden dirixirse ao Webmaster: fiallega@grupotraballogalego.uk.net

Copyright 2003 Grupo de Traballo Galego de Londres