|
|
Grupo de Traballo Galego de Londres
Boletín Cuarta época Número 27 Xuño 2007 gtg@aol.com
|
|
|
A nosa historia
A nosa historia
|
Publicamos neste número a quinta das cartas do libro O atraso psicolóxico da Galiza: Cartas a Emilia Pardo Bazán, orixinal de Teresa Barro. Pulse Para as cartas anteriores:
==================================
NON HAI QUE SEGUIR UN MODELO; HAI QUE FACELO Iso de andar sempre buscando para a Galiza un “modelo” que seguir, sexa o de Irlanda ou calquer outro, indica pasividade, desorientación e crencia nos milagres. Os “modelos” non aparecen por casualidade nen caen do ceo. Son resultado de actitudes coherentes e dunha vontade de cultivar as cualidades ou características que una sociedade decide ter para conseguir algo que valga a pena, e non poden xurdir cando o que se deixa que impere son actitudes incoherentes, egoístas e intereseiras. Para que un país progrese non só ten que haber personas intelixentes e emprendedoras, senon que esas personas teñen que contar có apoio da sociedade. Sen ese apoio, de pouco ou de nada valerán a intelixencia e o espírito emprendedor de quen os teña, porque a sociedade permitirá que se aproveiten outros e non eles. Con iso sae perdendo a propia sociedade, porque se apropiarán dela os que menos valen. E diso non faltan exemplos na Galiza. Os modelos hai que facelos, e cada país ten que facer o seu. Toda sociedade ten que decidir cáles son as cualidades que quer fomentar para facer o seu propio modelo. E ten que decidilo sabendo que, se non se propón cultivar con coherencia e constancia cualidades determinadas, nengunha cualidade poderá sobreviver colectivamente, porque non terá forza para defenderse e menos ainda para imporse. A persona que actúe con cortesía, ou con xenerosidade, ou con valentía, leva as de perder nunha sociedade que non cultive a boa educación, a xentileza e a coraxe. Ese cultivo de determinadas cualidades, que son as que rematan nun “modelo”, faise en moitos países, nos mais adiantados. A Galiza anda niso ao tou, sen rumo e desorientada, e está a bravo porque nela non se cultiva nada. Sería práctico e interesante pensar qué cualidades debía cultivar a sociedade galega para ir facendo o seu propio modelo.
==================================
AS PREOCUPACIÓNS DEMOCRÁTICAS DE MARIO VARGAS LLOSA Dixo hai poucos días Vargas Llosa nunha entrevista no ABC de Madrid que cando se escarafulla nas raigañas ideolóxicas do nacionalismo vese que elas consisten en rexeitar a coexistencia na diversidade, que é a esencia da democracia. Non é difícil darlle volta a esa argumentación se nos paramos a pensar que sen diversidade non hai nada có que coexistir. Ese é o soño aniquilatorio de todos os centralismos e os egoísmos. A xustificación esencial das independencias nacionais foi e segue sendo a afirmación da diferencia, que non ten por qué ser contraria á existencia con outras. Así é na vida persoal igual que na internacional. Se todos fósemos idénticos non habería democracia senon formigueiro. E se un día o Perú onde o señor Vargas naceu non tivese loitado pola súa independencia nacional, non teríamos hoxe ese magnífico país con que falar e coexistir. Ese país e ese mundo sen o que non existirían as novelas dese escritor nen moitas outras que enriquecen as letras hispánicas. Primeiro existir, e depois convivir.
================================== RECOMENDACIÓNS Para ver Viento de Marzo. Hojas de pensamiento aireado pulse www.vientodemarzo.net
|
|