Grupo de Traballo Galego

de Londres

 

Boletín

Cuarta época

Número 26

                                                                 Abril 2007

                          gtg@aol.com

 

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 

 


===================================

 

Publicamos neste número a cuarta das cartas do libro

O atraso psicolóxico da Galiza: Cartas a Emilia Pardo Bazán,

 orixinal de Teresa Barro. Pulse

CARTA IV

Para as cartas anteriores:

CARTA III

CARTA II

 CARTA I,

 

 ==================================

  

AUTONOMÍA E DEPENDENCIA

 

Val a pena ás veces esquecer os termos técnicos do direito político e máis ainda os da ciencia política e tomar por base o sentido común das palabras.

 Se nos poñemos a pescudar á luz da razón o que quer dicer a autonomía e cómo se medirá, seguramente discorriremos nalgún momento que canta máis autonomía haxa, menos dependencia haberá. Entón, en lóxica, a autonomía comprida sería a independencia. 

Pero a teoría política, nacida na práctica política, verá desatinada esa conclusión e a desaconsellará. A falsa prudencia criou a autonomía como atenuación da independencia. Métese polo meio a cuestión da soberanía e tudo se confunde. Nesa política a independencia da medo e a autonomía tranquiliza. 

 A autonomía é un ideal e un concepto importante que dexenerou nunha fórmula política encamiñada a tranquilizar inquedanzas dos que temen á independencia. Confúndense así ideas moi importantes e críanse dificuldades de valoración.  Por exemplo, si desexamos xuzgar cánta autonomía ten unha das chamadas comunidades autónomas na orde constitucional vixente no Reino de España,  e queremos valorar se vai a máis ou a menos, nada será máis útil que ver se depende menos ou máis de outro poder superior Pensando na Galiza, se ollamos os termos en que se prantexan os debates de cuestións concretas, a pesca, digamos, e seguimos o seu curso nos meios de comunicación, veremos que tudo ou cuase tudo xira arredor do que se “consegue” en Madrid, e que o valor de uns ou outros partidos e persoalidades está en cál deles consegue máis dese centro.  O que se valora é a eficacia do acceso ao poder, a un poder que non está na Galiza nen perto de dela. Esa era a base do caciquismo. Resulta entón que a autonomía pode dexenerar na institucionalización do caciquismo, en que en vez de un ou varios caciques haxa unhas institucións, cada vez máis, nas que se poden turnar individuos ou grupos de intereses (o que non é nada novo senon moi semellante aos “turnos” da Restauración).  O centro de poder desplazouse en parte a Bruxelas, e iso non muda para nada o mecanismo nen o fai máis democrático.

 Sería bon perderlle o medo á independencia, concepto nobre, e usar como altímetro ou barómetro da autonomía política o de cánta dependencia liberta en cada momento e en cada cuestión. Se aumenta ou segue a dependencia, non hai autonomía.

 

 

===================================

 

MANIPULACIÓNS “EUROPEAS”

 

Xa se apresentou en  Bruxelas a idea  de que “rexurda” a constitución europea, unha das cousas que estaba pensado que fixese o novo governo da Alemania cando lle chegase o turno de presidir a UE. Empezarán tamén a falar dun tratado de libre comercio cós Estados Unidos que leva moito tempo cociñándose e até ten nome, pero que se anunciará aos “fieis como se fose unha idea nova e xurdida de súpeto dos novos governos europeus maismodernos”.

 É previsível que onde haberá mais oposición á constitución europea, rexeitada xa por votación en algunhas nazóns, será nos países con mais carácter, mais tradición democrática e mais adiantados social e intelectualmente. Os outros seguirán soñando con resolver seus problemas para sempre mergullándose nun sistema no que non teñan que pensar nen decidir nada, como pasa nas dictaduras. Quererán crer, cun fatalismo que ven do desprezo pola política verdadeira e de hábitos enraizados de obediencia ás autoridades, que por teñen que ir as cousas e que a unión sempre garantiza o trunfo. Nunca o garantizou, pero ese feito histórico non se terá en conta até que o tempo o demostre mais unha vez.

 E os que quixeron crer que a Unión Europea era unha maneira de oporse ao “imperialismo estadounidense” terán que ir vendo como encaixar o tratado trasatlántico que se está preparando.

 

   

==================================

RECOMENDACIÖNS

Para ver Viento de Marzo. Hojas de pensamiento aireado pulse www.vientodemarzo.net