Grupo de Traballo Galego

de Londres

 

Boletín

Cuarta época

Número 25

                                                                 Marzo 2007

                          gtg@aol.com

 

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 

 


===================================

 

Publlicamos neste número a terceira carta do libro

O atraso psicolóxico da Galiza: Cartas a Emilia Pardo Bazán,

 orixinal de Teresa Barro. Pulse

CARTA III 

Para as cartas anteriores:

CARTA II

 CARTA I,

 

 ==================================

  

CRIATIVIDADE  E  POLÍTICA

 Vemos decote nas democracias de tipo occidental que a chegada ao poder de movimentos ou partidos con ambicións de reforma radical dilúe rápidamente esas ambicións e cria desilusión en quen os apoiou. Isto, repetido, remata no descrédito da política entre os cidadáns e no abandono desa actividade a profesionais que xogan nela intereses propios e  descoidan o ben común, até chegar a deixar baleiro ese capital concepto.

 Poderíase pensar que é cousa boa que a realidade do poder tempere as utopías; así teríase unha seguranza frente a conmocions sociais que poucos desexan. Resulta, polo contrario, que nesas democracias pouco políticas aumenta a inseguranza dos cidadáns. Non en termos de orde social, senon tamén no económico, na previsión da vida en idade avanzada, na exposición a doenzas e desastres naturaisTodos eses son aspectos prácticos nos que cabería esperar que o abandono das utopías dese resultados tanxiveis.

 Igual sucede no eido das relacións internacionais. Sempre foi menos nese campo o peso da conciencìa pública, máis resignada a xestos e campañas utópicas. Mesmo así, despois dun  século de guerras quentísimas, quentes e frías, estamos entrando noutro de estarrecente belicosidade. As de agora son guerras sen ideais que o povo, convertido en público, olla como espectáculo.  E o poder, preso nese xogo, non atopa, aínda que quixer –e non quer—terreo para actividade constructiva.

 A criatividade non da chegada á política. A innovación vai parar á técnica, que de seu non pode ir alén de servir aos diversos poderes, económicos ou mediáticos, ou vai ás posvangardas artísticas, que hoxe xogan ao mesmo xogo e desilusionan de propósito.

 No esceario ibérico, os nacionalismos xurdiron có intuito de correxir unha malformación nacional do estado unitario que embarcara ao conxunto das nacionalidades peninsulares nun curso histórico lerdo, animado por fantasías fatuas en troques da imaxinación criadora e abalordado por unha versión raquitizante do sentimento relixioso. Por iso a frustración é moi forte cando quen ven dese proxecto corrector e  inspirado por ideas de criación e novidade, queda enguedellado na aparente inexorabilidade do chamado pragmatismo.

 Os perigos do poder para os novicios non estan no que se poda ou non se poda facer. Non; o pior é que ese poder forneza moldes esencialmente alleos, que están criados pola situación doentía do mundo político. é onde se desforman e se poden estragar ideas e proxectos, ao tentar levalos á práctica có autoritarismo que o poder lles presta, e sobre tudo conformándoos a modelos que son contradictorios coa sua esencia.  No caso do galeguismo, as políticas, e moi sinaladamente a da lingua, aspiran á imposición more hispanico.  Na cultura, a falta de paradigmas propios leva a unha imitación, moito mais fonda do que parece, das modas e os xeitos que chegan do centro.

 Pode ser que os políticos nacionalistas non atopen outros paradigmas ou varas de medir na sua base social e intelectual, e nese caso non terían toda a culpa desa situación insatisfactoria. Se é así, valería a pena revisar o ideario nacionalista e ver cánto hai do modelo hispánico no seu estilo de pensamento. É dicer, se non haberá nese estilo unha aceptación intrínseca do unitarismo, cando aínda se estaba lonxe do poder, que explicaría moita da dificuldade de pór en práctica un nacionalismo orixinal cando se tocaron as  marxes do poder.

===================================

 

¿ESTAMOS NO MUNDO DA LÍNGUA PORTUGUESA?

 Para convencer aos que non queren o galego da utilidade que poda ter aprendelo arguméntase que é unha língua “universal” porque está no ámbito do portugués.

 É certo que o galego de seu é a mesma língua que o portugués, mas por razóns históricas, políticas e psicolóxicas  hai moitos séculos que deixou de estar no mesmo ámbito que o portugués. Entre o galego oficial e “normalizado” de hoxe e o portugués hai tanta diferencia como entre o castelán e o portugués, porque ese “galego” que se impón pola forza non é mais que castelán galeguizado.

 Para alguén de língua portuguesa tan alleo é “conejo” como “conexo” ; outra cousa sería se lle dixesen “coello”, que é como se di en portugués e como se di en galego de verdade. Tan alleos son á língua portuguesa, ou á galaico-portuguesa,  “viernes” e “miércoles” como eses horríveis “venres” e “mércores” que nunca existiron no galego de verdade e que nunca se terían inventado se houbese algunha intención de recuperar o galego. E a alguén de língua portuguesa élle mais doado de entender se ve escrito “una” en castelán que se ve “unha” en galego inventado, que lerá “uña”.

 Os que cren que se pode entrar no ámbito do portugués có “galego” debían facer a prova de ver se son capaces de entender unha película en portugués. Se non entenden, ¿será que os da película non saben falar e falan “gallego cerrado” como falaban os da aldea?

   

==================================

RECOMENDACIÖNS

Para ver Viento de Marzo. Hojas de pensamiento aireado pulse www.vientodemarzo.net