|
|
Grupo de Traballo Galego de Londres
Boletín Cuarta época Número 24 Xaneiro 2007 gtg@aol.com
|
|
|
A nosa historia
A nosa historia
|
Continúa neste número a publicación do libro O atraso psicolóxico da Galiza: Cartas a Emilia Pardo Bazán, orixinal de Teresa Barro. Para ver os respectivos capítulos, pulse aquí: ================================== QUEN DA LECCIONS A QUEN A Unión Europea vai lexislar para que se podan meter mais anuncios na televisión e se podan inserir mais anuncios disimulados nos programas que parece que non os levan. En Sâo Paulo queren tirar os anuncios todos que invaden os espacios públicos, argumentando que eses espacios non poden estar á venda e que enchelos de anuncios comerciais é unha imposición que non se debe permitir. ¿Cúal das duas actitudes será a mais honrada, civilizada e adiantada? ¿Será que os países de América teñen algo que ensinar á virtuosa Europa?
OS POZOS SEN FUNDO DA UNIÓN EUROPEA Como ainda non se apagaron os entusiasmos europeístas que os galeguismos veñen arrastando desde tempos pior informados ou mais deturpados polas ideoloxías da guerra fría, resulta sempre interesante ver como funciona a Unión Europea no mundo real e non no mundo da fantasía. Estes días o Tribunal Europeo de Auditoría, que é o que comproba o bon emprego dos recursos orzamentarios, non puido aprobar mais que as contas dun 7% das despesas. Disque con este son doce os anos en que as contas non cadran. A provisión para gastos deste exercicio era de 121.000 millóns de euros. O presidente do Tribunal deu unha explicación ben célebre nunha carta ao Comité da Cámara dos Lores británica que se ocupa desas cuestións. Dixo que se trataba de erros contábeis “que poden ser debidos á moita complexidade da lexislación da UE”. Compre que o saiban os que coiden que o diñeiro dos contribuíntes está mellor empregado e cuidado nos augustos recintos de Bruxelas que nos estados nacionais. ¿Será que a lexislación dos países é menos “complexa”?
RECOMENDACIÖNS Para ver Viento de Marzo. Hojas de pensamiento aireado pulse www.vientodemarzo.net
|
|