Grupo de Traballo Galego

de Londres

 

Boletín

Cuarta época

Número 23

                                                                 Novembro 2006

                          gtg@aol.com

 

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 

 


===================================

 

Comeza neste número a publicación do libro "O atraso psicolóxico da Galiza: Cartas a Emilia Pardo Bazán, orixinal de Teresa Barro. Para ver o primeiro capítulo, pulse aquí: O atraso psicolóxico

 ==================================

 

ENCONTRO CON DON SATURNO

Hai moito que non vía a don Saturno. Nos vinte anos ou máis que nos coñecemos non nos víramos máis que unha ducia de veces. Sempre me parecera algo misterioso. Faláranme del algúns amigos, pero con poucos datos. Coidei primeiro que se chamaba Saturio, pero a primeira vez que me dirixin a el con ese nome cuase se alcirra e insistiu moito en que se chamaba Saturno, e que lle fixera o favor de non cair nese dexeito que xa non era a primeira vez que o ouvía pero que non lle agradaba. Fóra dese incidente, don Saturno Ledo deu sempre mostras, no pouco que o tratei, de moito tino mental, cuidado do vestido e das maneiras do trato e unha cultura pouco común nas súas referencias sempre axeitadas e nunca pedantes a cousas ou persoas de mundos e fasquías moi diferentes.

Atopei a don Saturno desta vez na Ponte de Lambeth. Sempre nos víramos por casualidade, nunca por cita ou acordo como é normal aquí entre amigos ou coñecidos. Sabía ou supuña que don Saturno era galego, non sei moi ben por qué. Ninguén mo dixera, que eu saiba, nin o vira xamáis nesas reunións de galegos de profesión, que tampouco eu frecuento moito, por certo

Nada máis saudarnos e perguntar polas nosas vidas recentes, díxome que estaba de volta da Galiza, onde pasara algún meses. Aseguroume que coñecía ben o país desde moitas décadas atrás.Vin logo que non fora de turista e sorprendeume que me falara, en galego, da estatua de Pastor Díaz na Praza de Viveiro, onde outrora lle fixera un comentario Antón Vilar Ponte antes de subir con el ao San Roque.

--E será vostede de Viveiro, don Saturno?

-- Non sou, non-- riu, pero non me dixo de onde era. Nin eu lle perguntei, por respeito. É ben máis vello que mín, e, agora que o penso, non o vexo envellecido; está sempre igual, pero cando fala de lembranzas como esa, decátome de que tería que ser cuase centenario. Ou máis.  Todo isto crioume inquedanza e ollei aos viandantes e aos autobuses vermellos para afincar na realidade e gañar seguranza. Durou pouco a estrañeza, porque don Saturno seguiu falando, non me lembro de qué ao comezo, porque foi cando andaba eu á procura de áncoras de realidade, pero de súpeto sentín que decía “Galiza urbana”. Atendín.

 -- Non recoñecín nada por alá.  Algúns amigos explicáronme, entusiasmados, que esta Galiza urbana de agora non tén nada que ver coa que eu coñecera noutras ocasións. E que esperaban que eu, coa miña experiencia do mundo, a ademirase e non  me deixase levar por saudades dunha miseria rural que algúns achaban pintoresca

-- E que lles respondeu?

--Díxenlles que non quería molestar, que era algo delicado o que tería que decirlles si insistían, e que falásemos doutra cousa.  Pero insistiron, e tiven que decirlles que, precisamente polo mundo que tiña visto, o que botaba de menos era a cortesía e as formas sociais do mundo rural. Non sempre xestos corporais ou afectacións de posturas, pero sí atención ao que o interlocutor decía, afán de non ofender nin provocar, gusto por aprender, e non deixar presente ou favor sin corresponder. E moitas outras cousas que son o pouso dunha comunidade civilizada.

 Quedou pensativo don Saturno, e eu tamén. Non esperaba que seguise, pero antes de despedirnos dixo:

 --Ben sei que vostede é galeguista  ---eu nunca llo dixera---  e eu entendíao moi ben, porque nunca gostei dos hábitos centralistas e a chamada cultura da capital. Pensaba que había outras opcións e que, seguramente, era confortante para vostede ter unha cultura diferente que podía sentir súa.  A cultura urbana que agora vin, as conversas que escoitei, os xornaís que lin, até a maioría dos libros, ainda que estivesen nunha lingua que gardaba algún eco, poucos, da que eu coñecía, eran calcos do imaxinario e os cacoetes dos medios de comunicación madrileños. Lástima. Non sei o que vostede pensará, e respeito os seus sentimentos, pero si eu fose vostede sentiría moita pena por esa privación cultural.

Quedei varado. Quería seguir ouvindo e perguntando, pero don Saturno fixo un xesto de despedida, tocou a aba do chapeu que gasta, e botou a andar.  Seguinno un treito e pergunteille

--Podíamos vernos outro día?

--Seguramente. Eu paso moito por esta ponte.

 E foise cara ao Strand.

==================================

 

O ALAMBIQUE AUTORITARIO

Hai moita inxustiza que reclama endereitamento, moitos tesouros descuidados que hai que gorentar e disfrutar. As causas nobres non faltan. Tampouco falta vontade de loitar por elas, de recuperar o inxustamente perdido ou trazer á luz o valioso agachado.

 Pero é moi forte a tentación, cando xurde a oportunidade política de se por a esa tarefa, de pasar os tesouros perdidos por un instrumento nefando, que é o alambique totalitario.

 Por ese alambique fixeron que pasase a lingua galega, e na destilación perdeuse todo o seu contido emotivo e, en definitiva, identitario. A lingua destilada non é xa de ninguén máis que dos que dela viven, como se vive das linguas impostas.

 É o que pasa cando hai falta de aprecio e sobra de voluntarismo.