Grupo de Traballo Galego

de Londres

 

Boletín

Cuarta época

Número 17

                                                                 Decembro 2005

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 


SUMARIO

 

O CAMBIO QUE NON DA CHEGADO

HISTORIAS

PATRIARCALISMO E MALTRATO

SOCIEDADES HIPNOTIZADAS

TAREFA PARA INDEPENDENTES

================================================-================================================

 

O cambio que non da chegado

 Comézanse a sentir voces que expresan impacencia polo “cambio” que non chega. Sempre pasa iso cando unha situación que non gosta e que dura máis do que quixéramos acaba por cair.

Así aconteceu nas pasadas eleccións autonómicas na Galiza.

Abondaría coa historia para convencernos de que sofrimos dunha valoración excesiva da política de partidos. Era así seguramente antes do réxime dictatorial que non deixou que existisen partidos e segue sendo así  despois dele, tal vez pior aínda porque puxéronse esperanzas desmesuradas na restauración da democracia partidaria. Depositar a confianza toda nos partidos é perigoso porque pode levar, e de feito está levando, a que os que andan na política deixen de ser políticos e viren novos caciques, máis centralizados que os de sempre.

 As sociedades seguen a súa marcha como corrente fonda que pasa por embaixo das pontes da política do día a día. E non mudan dun día para outro.  Os políticos viven, por afeizón ou por necesidade, no mundo do curto prazo.

 

Cando a aritmética dun sistema electoral levou ao poder a un seitor do galeguismo, en condicións de coalición poselectoral coa sección rexional dun partido nacional de longa historia centralista, pensouse con certa inxenuidade en seitores más amplos do sentimento galeguista e nacionalista que tiñan chegado ao poder “os nosos”. Erro grave, aumentado pola escasa e limitada leira de poder real conquistado.

 

A primeira manifestación do cambio foi a mudanza de persoas nos postos executivos dese “poder”. Ese proceso que aos escépticos parécelles, non sen algunha razón, o  dunhas partillas mal avindas, levou tempo desproporcionado. Depois viñeron afirmación xerais de principios nada novos e algún anuncio concreto e mal informado que houbo que ratificar.

 Dirán algúns que hai que apoiar aos “nosos”.  Desconfiamos dos apoios incondicionais. Máis útil semella aproveitar a ocasión para avisar dun risco. A participación, a primeira na historia, do nacionalismo na gobernanza do país galego, prodúcese en circunstancias que non son ideais nen moito menos. Certo que nunca hai circunstancias ideais na política.  Pero acaba de constituirse unha hipoteca que pode ser perigosa para o galeguismo. Mágoa, para empezar, que se podan poñer chatas de pouca representatitivade, até de falta de mandato, ao elemento nacionalista da coalición. Pior aínda que da xestión desa Xunta bipartita pódanse tirar consecuencias para o nacionalismo en xeral e até para o movimento galeguista no senso máis amplo.

É grande a responsabilidade dos nacionalistas no poder. Terían que ser motor dun cambio que responda aos anceios do galeguismo, e non abonda con que contribúan ao programa, se o hai, dun partido nacional que ten outra  historia. Non nos podemos contentar tampouco con xestos “progre” aprendidos en “El País”.

Estamos en hora de inquedanza e non de celebración.

 

 

 =================================================

HISTORIAS

Todo povo, toda comunidade, toda nación ten que coñecer, estudar e interpretar a súa historia, para millor escoller o seu futuro.

 Hai un perigo historicista nas reivindicacións nacionais, máis grande canto menos perfil ten a súa historia na historia do mundo.  O risco é o da invención de grandezas. De pouco valen, senón de mal exemplo e pretexto para a burla, os esforzos por esaxerar a importancia do noso país no pasado. Moitas veces invócanse como glorias o que son servizos a un proxecto imperial que non debíamos compartillar e que conviña desbotar dos nosos prantexamentos.

 Hai que coñecer a nosa historia para proxectar o noso futuro Certo, pero non para afortalar con invencións a nosa autoestima. É preferible un esencialismo (esa idea que tantos refugan en nome da vontade de futuro) porque nesa perspectiva podemos ver cómo foi mal encarnada e desenvolvida a esencia da Galiza, ou o seu potencial se queremos chamarlle así,  nunha sucesión de aconteceres políticos infelices. Interesa ver o que sobreviveu e partir daí para a tarefa do futuro, que terá que ser imaxinativa, criadora e non repetitiva. 

 

 ==============================================

PATRIARCALISMO E MALTRATO

 O maltrato das mulleres é un sinal externo e visíbel de que algo funciona mal na sociedade e iso é o que habería que atacar na sua orixe.

 A violencia de calquer tipo xurde do afán de superioridade e dominio, e da ansia de anular aos demais. Cada sociedade impón en certa maneira, cós seus códigos de “honor” e seus costumes, o tipo de violencia que predomine. Eses códigos e eses costumes insírense sempre mediante o sistema familiar, que é afinal, con distintos matices, patriarcal. Canto máis fondamente patriarcal é o sistema familiar (e na Galiza é moito), máis forte é o grao de autoritarismo e anulación no que se vive.

 O maltrato das mulleres é endémico na Galiza, e iso indica entre outras cousas que as mulleres están desprotexidas e anuladas, polas familias nas que nacen e pola sociedade na que viven. A todos os que non son galegos chámalles a atención a maneira en que a muller galega trata aos homes, a preferencia que lles da sempre, ainda que sexa para manipulalos e reducilos a nada. Os homes saben que esa manipulación os deixa sen folgos e abafados, pero como o patriarcalismo que funciona na Galiza baséase no culto á nai, non se rebelan e fican frustrados e destragados. As nais transmiten a fonda misoxinia que caracteriza á sociedade galega, abaixando ás fillas para escravizalas e empolingando aos fillos para dominalos e posuilos para sempre. Esa misoxínia fai que moitas mulleres non saiban nen queran defenderse do maltrato porque nunca foron protexidas nen potenciadas nas familias nas que naceron e así quedaron anuladas. Esa misoxinia forma parte fundamental do sistema familiar da sociedade galega. E se non muda a familia galega, continuará e seguramente aumentará o maltrato das mulleres, porque é a consecuencia lóxica dese sistema familiar.

 ================================================

 

SOCIEDADES HIPNOTIZADAS

 Disque no estado de hipnose a persoa non ve a realidade como é, senon como lle suxiren que a vexa ou como a queira ver. As técnicas de marketing que se usan hoxe nos meios de comunicación e na política teñen poder hipnotizador das sociedades e fanlles ver as cousas como non son. Este uso de técnicas de poder que anulan a vontade das persoas non é nada novo. O novo é que nestes momentos esas técnicas utilizánse en todo e para todo con anonimidade e sen que sexa posíbel responsabilizar a ninguén das consecuencias que teñen. Nas derradeiras décadas houbo un uso desas técnicas que cuase acabou con esa democracia que tanto invocan os que mais a destragan. Cando ninguén se responsabiliza de nada e cando todo empeza a suceder como se non puidera ser de outra maneira, temos autoritarismo e falta de liberdade. Canto mellor educada estexa unha sociedade mais se resistirá a ser hipnotizada, e cando pior educada estexa menos será a resistencia que opoña.

 A única maneira de loitar contra esa situación de manipulación total da vontade e do entendimiento é potenciar mediante a educación a calidade humana, que exixe independencia e coñecemento da realidade. Un sistema educativo que non ensine a ver, a entender e a enxuiciar a realidade non educa senon que esmaga, achaira e hipnotiza. O que se propoñen os sistemas que se chaman educativos e que en vez de educar inutilizan, non é abrir a mente, senon pechala para sempre; o que fan é anular a vontade para criar benmandados que non entendan onde están nen o que lles pasa, xentes sen peso nen sustancia que anden polo mundo e a vida sen enteirarse de nada e sen influir no que se fai. E haberá que pensar se será así como os galegos queremos que se viva na Galiza ou se máis queremos unha sociedade intelixente que non se deixe hipnotizar, entenda a realidade e aprenda a manexala sen evadila nen fantaseala.

 ===============================================

TAREFA PARA INDEPENDENTES

 Veleiquí un poema do poeta brasileiro Geir Campos  (1924 - 1999)

Tarefa

 

                  Morder o fruto amargo e não cuspir

                       mas avisar aos outros quanto é amargo,

                       cumprir o trato injusto e não falhar

                       mas avisar aos outros quanto é injusto,

                       sofrer o esquema falso e não ceder

                        mas avisar aos outros quanto é falso;

                        dizer também que são coisas mutáveis...

                         E quando en moitos a nocão pulsar

                          ­– do amargo e injusto e falso por mudar

                          então confiar à gente exausta o plano     

                          de um mundo novo e muito mais humano.      

 

 

   

===============================================