Grupo de Traballo Galego

de Londres

 

Boletín

Cuarta época

Número 16

                                                                 Novembro 2005

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Páxina de início

A nosa historia

Boletín en curso

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Europa

Eivas patriarcais

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 


SUMARIO

 

A PERSONALIDADE DA GALIZA

GALEGO E PORTUGUÉS: CUESTIÓN DE SUTAQUE ?

O LIBRO GALEGO

================================================-================================================

 

A PERSONALIDADE DA GALIZA

 

Conviña reflexionar en que seguramente cando falamos da identidade da Galiza, no que pensamos é na identidade da sociedade galega, e que a sociedade galega pode estar funcionando dun xeito pouco ou nada coerente co que tiña que ser o país.

 Insistiuse de máis en que había que ser fieis á identidade e non se tivo en conta que cando a identidade non se está construindo sempre, e non se potencia a personalidade  cun proxecto de futuro que responda ás ansias mais fondas, o que queda é unha repetición de pautas aprendidas e inseridas na sociedade que talvez teñan pouco que ver coa personalidade e o potencial auténticos da Galiza.

Na historia da Galiza non hai moitos indicios de que a sociedade galega quixera desenvolver o potencial do país. Abondan en troques as indicacións de que se trata dunha sociedade que prefire ser como “as demais” en vez de atopar o seu propio centro e dende aí actuar dacordo consigo mesma. O que máis hai son mostras de non querer asumir o traballo que supón facer personalidade, construir país e imaxinar futuro. E hai tamén medo a distinguirse e a ser diferentes, é dicer, conformismo e achantamento. Ese medo a ser diferente e a non encaixar no mandado indica sempre, a nivel individual e a nivel colectivo, atraso, porque o adianto só pode vir cando hai valentía para entrar por camiños novos e auténticos.

 Ninguén pode dubidar da personalidade distintiva da Galiza, que salta aos ollos a calquera que entre no país sen coñecelo antes. Mais que a Galiza teña unha personalidade indiscutíbel non quer dicer que a sociedade galega a teña.

 =================================================

 

GALEGO E PORTUGUÉS: UNHA CUESTIÓN DE SUTAQUE?

 Din algúns que as diferencias entre o que se entende hoxe por língua galega e o portugués son “de sutaque”. Non é así. Compre lembrar que hai unha tradición, moi cultivada no estado español, de non querer aceitar que as demais línguas merecen traballo e que hai que aprendelas e comprendelas; no fondo, o que non se admite é que haxa línguas diferentes e por iso querse reducir todo a unha cuestión de “sutaque”. E nese “sutaque” entra a fonética, a sintaxe, a pronunciación e todo o código propio de cada língua. Ven sendo como querer tocar o violín como se fose un piano.

 As palabras teñen marcas fonolóxicas que as fan diferentes, e o ouvinte ten unha marxe moi estreita de recoñecimento das formas. A diferencia entre o sonido p en español e o sonido b fai posíbel distinguir entre pata  e bata. Esa mesma diferencia de sonidos no inglés fai que, se non se pronuncia o p como hai que pronuncialo nese idioma, e non como se pronuncia en español, o ouvinte crerá que, en vez de Perez, lle din Beres. Cando un falante de español pronuncia, para Oxford, Osfor, con vogais e consonantes castelás, non hai nada aí que coincida co codigo desa palabra en inglés, e para un falante de inglés podía ser calquera cousa menos o nome desa cidade inglesa. E cando un falante de español pronuncia o je francés decindo ye non é que esté falando francés con outro sutaque, é que non está falando francés. Como non están falando galego as e os que na TV galega pronuncian hose en vez de hoxe. Os rasgos pertinentes que na estructura linguística marcan por contraste o significado da palabra non se poden mudar a vontade, nen son cuestión de sutaque, senon rasgos do morfema.

 Se a língua galega tivese evoluido con normalidade e fose a língua predominante da Galiza, entre o portugués e o galego non habería mais que algunhas diferencias de entonación e de algunhas palabras talvez. Mais na Galiza, por circunstancias históricas, o galego quedou acurrado e esquecido, cuase sen escrita e falado só polas xentes menos cultivadas, moitas delas analfabetas, e a língua predominante foi durante moitos séculos a castelá, como segue sendo ainda. A consecuencia desa historia é que a língua galega se perdeu en grandísima parte e se contaminou máis cada vez do castelán. O galego que hoxe se fala e escrebe ten máis de castelán na fonética, sintáctica, semántica e pronunciación, que de galego. Se tivese evoluido normalmente, as diferencias có portugués serían mínimas; tal como está, as diferencias son cuase as mesmas que hai entre o castelán e o portugués.

 Non aceitar que hai un problema é a pior maneira de enfocar o asunto, porque só pode levar a non solucionalo nunca. A solución cando, como neste caso, trátase de “resucitar” unha língua, non pode vir a treu e sen atender ás consecuencias dunha historia que foi así e non de outra maneira, góstenos ou non.

 O que habería que aceitar é que a língua galega está moi castelanizada, facer todo o posíbel por parar ese proceso de castelanización e entender que o portugués, ou algo moi semellante, é a língua que o galego tería sido se tivese evoluido debidamente e non quedara desprezado e tirado da memoria. Coller palabras do portugués, como se ven facendo nestes  últimos tempos, é o que se debía facer sen disimulos, e tamén coller maneiras de expresarse en vez de coller as do castelán cando se fala e escrebe galego. E tamén habería que aprender ou “lembrar” ou “resucitar” a fonética e a pronunciación. Porque así como soa o portugués é como soaba e soou sempre o galego de verdade, e non como soa agora, que é con fonética, entonación e pronunciación do castelán. E iso fai que a un portugués lle sexa seguramente mais doado entender a un andaluz que lle fale castelán que a un galego que lle fale en “galego urbano”, ou sexa, nen en castelán nen en galego e moito menos en portugués.

 ==============================================

 

O LIBRO GALEGO

 Para potenciar Galiza e a língua galega é necesario potenciar a escrita e por conseguinte aos escritores en galego, pola riqueza para o futuro do país que representarán algúns deles. Unha maneira concreta de facelo sería criar unha entidade pública que se encarregase de manter un fondo continuo do que se escrebe en galego e á que se puidera acudir para atopar en calquer momento as obras que a cadaquén lle interesen ou descobrir as que quedan no silencio. É necesario facer isto ou algo semellante polas razóns seguintes:

 As subvencións ás editoriais non poden ser abondo para potenciar o libro en galego. Ainda que o libro se publique, o problema está en que o tramo final, o último punto de venda, é a libraría. Non se lle pode exixir ao libreiro que exhiba o libro que non se vende. O libro en galego non pode competir có libro en castelán, porque ten moitos menos leitores, e entre os libros en galego acadarán somente visibilidade nas prateleiras os “vendíbeis”, é dicer, os que chaman a atención porque o autor  xa é coñecido do público, moitas veces por razóns alleas ás literarias. Mais o que habería que ter moi claro é que non todo neste mundo pode rexerse por criterios comerciais. A cultura dun país é a sua maior riqueza. Esa riqueza hai que nutrila, animala e potenciala sabendo que non se fai nun día nen dous, e que o que hoxe pode parecer o máis interesante por responder á moda ou aos criterios do momento, non é forzosamente o que quedará e interesará mais adiante. Esta idea de futuro, e de que a gran obra de creación asenta máis nese futuro que no presente, é fundamental para saber o que compre defender e alentar nun país.

Antes, en moitos países había editoriais que funcionaban a nivel máis personal e menos comercializado que as multinacionais de agora e que respondían aos gostos e á vocación de quen as fundara. Esas editoras sabían que había unha cuestión de “descobrir” posíbeis grandes autores, e que iso exixía unha especie de “ollo clínico” , de chispa para adiviñar o potencial de futuro. Así se criaron as literaturas mais importantes de todos os países que teñen algunha. Hoxe, moitos dos grandes escritores que pasaron a integrar esa literatura universal non terían a mínima oportunidade de facer carreira literaria, porque as editoriais funcionan como supermercados e venden un “producto” que faga cartos inmediatos ainda que non dure. Por iso as librarias de cuase todos os países están cheas nestes momentos de obras mediocres e vulgares, que quedarán esquecidas moi axiña e non pasarán ao futuro.

 Ocurre --e é lamentábel-- que, ao estar tan comercializada a literatura no mundo enteiro, non se poñen á venda nas librarías, e xa non digamos non supermercados, libros de poesía, de ensaio, de narración breve e de pensamento, porque non son “vendíbeis”. Por exemplo, non están nas librarías británicas os excelentes ensaios que se publican nos Estados Unidos en revistas e coleccións, e ainda para un escritor ben coñecido será moi difícil que lle publiquen narracións cortas. As multinacionais que publican libros non queren publicar mais que os que teñan asegurada unha venda grande e rápida, ainda que logo desaparezan eles e os autores, porque non valían nada. E o único que responde a ese criterio, que de feito mata a cultura, son  novelas de fórmula, sen visión nen sustancia, que hai algúns anos nen sequera se terían considerado literatura,  autobiografías falsas escritas por “negros”, vulgaridades sobre “celebridades”, argalladas, lerias e baralladas.

 O que conta no xuízo sobre calquera país ou nazón, cando saímos da escuma do momento, é a sua aportación á riqueza cultural do mundo, ou sexa, a creación científica, artística e literaria. O cultivo do espíritu é mais duradoiro e ten mais efeitos a longo prazo nas sociedades que o alquime do comercialismo.

Esa entidade pública que habería que criar tería que funcionar apoiada por todos os partidos políticos, pero sen estar manexada por políticos. Podería estar vencellada a unha editora nacional galega, ou non, e a sua governanza tería que estar sempre en mans de persoas independentes con criterio, xuízo, sensibilidade e honradez, e talvez contar cun corpo de “custodios” que velasen pola sua integridade e independencia. Quen serían eses “custodios” e cómo se sustanciaría a sua responsabilidade pública é problema difícil, pero non ten por que ser insolúbel.

 Esa entidade non debería estar encarregada só de exhibir os libros en galego, senon tamén de buscar os libros desaparecidos e de proporcionalos ao público, ou en fotocopia ou en edición dixital ou semellante.   

===============================================