|
|
Grupo
de Traballo Galego de Londres
Boletín Cuarta época Número 1 Febreiro 2004 |
|
|
A nosa historia
A nosa historia
|
LINGUA E CULTURA Encrucilladas para unha lingua viábel Visións de Portugal Os insultos, pedra de toque EIVAS PATRIARCAIS Patriarcalismo sistémico Demografía e desemprego Guerras ----------------------------------------------------------------- LINGUA E CULTURA
ENCRUCILLADAS PARA UNHA LINGUA VIÁBEL
A lingua galega, no estado en que se encontra, non pode ser vista como unha variante do portugués. Se tivese unha historia de utilización social normal, como a que tivo a lingua portuguesa en Portugal e nos países que foron do seu imperio colonial, non habería problema. Os problemas da lingua galega veñen de que, por razóns históricas, deixou de ser por varios séculos a lingua predominante e cultivada na Galiza.
O perigo de contaminación pola lingua predominante é moi forte. Abonda ver a contaminación que incluso unha lingua tan afortalada como é o castelán ou español, falado, escrito e cultivado en tantas partes do mundo, está sofrendo pola presencia do inglés nas esferas de criación e comunicación de novas realidades, e que daí se espalla a outras, até chegar ás máis íntimas. No caso da Galiza tería sido imposíbel que o galego non fose contaminado polo castelán, tendo quedado, como quedou, sen cuidar nen cultivar nas camadas mais activas da sociedade.
O galego que se fala e que se escrebe está, mesmo por iso, moi contaminado do castelán no vocabulario, na sintaxe, na entoación e na fonética. No pior dos casos, cando se emprega sen agarimo nen interés, é castelán galeguizado. E para desenvolvelo debidamente e darlle cualidades proprias só hai duas posibilidades: inventalo sobre a base de reducidas lembranzas, ou tomar como fonte e modelo o portugués e irse aproximando dele o máis posibel, a pouquiños. Tal vez non sexa imposíbel unha mixtura axeitada.
A ortografía é o de menos. Se o que se cultiva é un castelán galeguizado, tanto ten cómo se escreba. A vertente portuguesa é difícil de asimilar, polo forte que é o prexuicio fronte a Portugal e o desprezo hispánico cara a ese país e o seu mundo lingüístico. Mas o que non parece que sexa unha posibilidade qe mereza defensa é a de instaurar na Galiza unha variante dialectal do castelán, creada ad hoc, e chamarlle lingua galega.
Non é problema que se poda resolver nunha noite, nen en poucos meses ou anos. O único a que se pode aspirar é a levar a lingua polo bon camiño, e darlle alento para que poda medrar con xeito. O que máis dano pode facer é negar que hai un problema e calalo con autoritarismos e reduccionismos.
As recentes normas da Real Academia Galega parecen ir polo bon camiño. Sobre todo por deixar marxes de flexibilidade e non impor nen castelanismos nen vulgarismos acolléndose a unha suposta evolución normal da lingua, cando xustamente esa normalidade é o que lle faltou. ***************************************************
VISIÓNS DE PORTUGAL
Unha mostra ben clara da forte identificación da mentalidade galega có nacionalismo español, e do conseguinte menosprezo da cultura portuguesa que acocha na forma máis espallada e menos ilustrada desa mentalidade, é que non exista ningunha visión iluminadora desa cultura na literatura galega. Hainas na lingua castelá, e ben notábeis son as de Unamuno en "Andanzas y visiones por tierras de Portugal y España", e as de Eugenio d'Ors en diversas pasaxes dos Glosarios e naquel poemiña sobre o "verde botella, pánico, barroco" Portugal. Ou a do extremeño Pedro de Lorenzo en "Y al Oeste, Portugal". Percibiron e expresaron eses e outros escritores non galegos moitos aspectos da figura espiritual e cultural de Portugal con disposición moito máis libre que a dos galegos, mais presos seguramente no temor interiorizado de seren confundidos có veciño que non é español.
OS INSULTOS, PEDRA DE TOQUE
É un feito ben coñecido que unha das maneiras máis certas de saber cál e a lingua principal dun falante que ten dúas ou máis, ou seña, cál é a que sinte como súa, consiste en ver qué idioma usa cando se alporiza, en que lingua insulta. Un dos feitos máis indicativos de que non se cultiva o galego como debía, nen sequer por quen escolle falalo, é que, na hora de insultar, insúltase en castelán. "Gilipollas" (ou xilipollas, que tanto ten) e insultos desa caste debían desaparecer do vocabulario de quen practique a fala galega. Sería ben útil ter unha lista de insultos en galego e utilizala chegado o caso. Mentras eses insultos non se interioricen e saian espontáneos estará clarísimo que o galego se fala como idioma secundario e alleio á propria psique.
***************************************************** EIVAS PATRIARCAIS
PATRIARCALISMO SISTÉMICO No nacionalismo galego que ten expresión política non parece que haxa moita conciencia de que na Galiza hai un grave problema de sexismo fondo que ven do patriarcalismo mais duro e reaccionario.
Ao revés, parece por veces como se apuntarse ao nacionalismo fose unha desculpa para practicar con mais forza aínda o maltrato e a inxusticia, reforzando o patriarcalismo no que asentan.
>Sería triste que o nacionalismo galego se deixase levar por hábitos psíquicos, inconscientes cuase sempre, e viñese a servir de baluarte para eses hábitos que tanto dano fixeron e fan á Galiza . DEMOGRAFÍA E DESEMPREGO
|
|