
de Boletín
traballo londres nº 1
galego maio 79
O Grupo de Traballo
Galego conserva nesta segunda etapa do seu Boletín a característica que sempre
tivo, dende o seu nascimento no ano 70, de non estar adscrito a ningún partido
político. Conserva tamén o seu estilo de labor, recollendo o fruto do debate
dos seus membros sobre as cousas de
------------------------
Vós, que falades de
Desta vez o pobo galego, cun instinto
fondo e certeiro, sabe e entende que
A autonomía
xunteira non a conqueriron nin os galeguistas nin
os galegos. Veu cando a Suarez lle conveu, para o que lle conveu e
na forma que lle conveu. É ben fácil coller
un concepto, o de autonomía, e manexalo para fins
propios. ¿Que eso é o que queren?, dixeron en
A autonomía
houbérannola dado ainda que non a quixéramos . E si esto non está claro é porque o
galeguismo sirveu nesta ocasión para arroupar e disimular
este feito de descaro político, emporcando así unha historia na que non
faltaban nomes, mártires e actitudes que non se poden utilizar para maniobras
dese xénero. E mentras,
Estar gobernados
por quen manda en
Non nos fagamos
ilusións: Galicia será unha nación, un verdadeiro país, cando teña forza e
carácter para saberse defender, tanto dos demáis, como da súa propia e fatal
tendencia a encontrar razóns para deixarse asoballar, cobrando por elas un
pequeno rédito de poder ou vaidade. Ninguén nos vai dar nada que mereza a
pena. Teremos de conquerilo
nós. É unha vergoña que teñan que vir os xornalistas de
Este non é
un momento de xogo de forzas políticas, porque a
política estánna facendo “eles”. Non é a nosa e nada se
nos perde nela. Este é o momento das forzas
patrióticas, do galeguismo patriótico, do galeguismo testemuñal. O
primeiro é acabar coa ignominia que nos colocóu
Este é o momento de resistir, resistirse
a que se utilice o galeguismo para vender a Patria. A colaboración é a morte
civil, e o galeguismo non pode morrer así. A operación está argallada
para facer ver que o galeguismo
“GALAXIA”
Sorprendéunos ver
en “El País Semanal” (22.4.79) unha semi-entrevista na
que se dí que D. Antonio Rosón “participó en la gestación y desarrollo de la
editorial nacionalista Galaxia”. De certo que moitas das persoas que
colaboraron con Galaxia non o terían feito si souberan que detrás dela estaba
un persoaxe da significación que entón tiña ese
señor. Si a información do xornal non é certa e o Sr. Rosón non a quere
desmentir, como desmentíu rápidamente outras, Galaxia tería a obriga de
desmentilo ou explicalo a aqueles a quen se lles presentou como a única
posibilidade de levar adiante as vellas aspiracións do galeguismo.
OS CACIQUES
A loita contra o caciquismo foi tema
galeguista de sempre. E
nunca faltóu quen pensara si non valería a pena de
facer un caciquismo de sentido contrario ao centralista, de crear novos
caciques, “bos” caciques que desplazaran aos “maos”. Tal vez pensen algúns que
a actividade política do galeguismo no cadro
constitucional de hoxe vai por ese camiño. Pero, fixándose, desanima moito ver
que ese marco comeza pola reimportación de caciques
vellos para presidir as autoridades autónomas. O trasvase de caciques
franquistas, formados a carón dos prefranquistas, que eran mestres nese
oficio, xa fai dudar da orixinalidade do
experimento. E os postos conqueridos nas eleccións municipás non son de
cacique, nin bon nin mao. Os
caciques son os que os deixaron chegar ao Axuntamento.
É decir, forzas non galeguistas. Non hai
posibilismo que aguante un sistema en que toda a
forza ven de donde véu sempre. O único que se salva e que merece respeto nes
operación é o eleitor que, de boa fe, votóu en
nacionalista.