EMIGRACIÖN GALEGA A EUROPA
Federico Ávila Soto, dende os Países Baixos
[Publicado na sección de Opinión de Galiza Espallada (www.geocities.com/galiciaespallada/
)]
O bom da reconstrución da Europa destruida na chamada II Gerra
Mundial, obrigou a importar man de obra dos países limítrofes que non sufriran
a devastación nazi-aliados. Eisí
abriuse a espoleta migratoria dun país que estaba sendo sancionado
internacionalmente por pervertir a legalidade republicana, impoñer un réximen
dictatorial fascista e colaborar declaradamente cos perdedores desa Gerra
Mundial, onde España foi e serviu de laboratorio de probas.
A emigración convertiuse no gran respiro politico-económico do
Réximen Franquista, pois por unha parte debilitaba o movimento obreiro cunha
masiva fuxida cara a Europa onde estabilizar a maltrecha economía familiar, é
ao mesmo tempo convirtiuse ísta emigración ou fuxida no revulsivo económico
que estaba a precisar o Réximen para perpetuarse no poder. Os bancos, caixas de aforro e empresas
de todo índole(sobor todo as relacionadas ca vivenda)empezaron a ver divisas
en cantidades astronómicas, o que deu en conformar todo un emporio mediático e
funcionarial a fin de captar isa economía en auxe, o que non se via
recompensado no trato que recibia o emigrante, tanto nas súas tercermundistas
viaxes coma na información e asesoramento.
É precisamente nos países de acollida, onde o emigrante ve e
experimenta un millor trato e servizos, sobor de todo no trato persoal na
relación cas institucións do estado de acollida, coma concellos, policía,
sanidade e asociacións de axuda e orientación, sendo na maior parte das veces
tratados con respeto e sin diferencias asegún a visión física da persoa ou da
súa formación e presencia.
Diferencia cualitativa e cuantitativa que todos os emigrantes sopesamos e
contrapesamos á hora dun posible retorno, sabendo da clase de déspotas e mal
educados que casi sempre atopamos en todo-los servizos públicos españois, e
coma nón, no galego, herdeiro desta cultura do “señoritismo” castelán que está
presente en toda relación institucional e bancaria.
De unha masiva acollida de emigrantes sin as debidas
infraestructuras de aloxamento e orientación na futura estancia, pasouse a
destinar grandes partidas orzamentarias a fin de asesorar na medida do posible
ás moitas problemáticas que se estaban a crear, e tamén a por a disposición de
ises “invitados”(eisí dicían textualmente)condicións físicas para a reunión e
entretemento social na diversidade de culturas, financiando locais, suministro
de enerxía, intérpretes, asistentes sociales e axudas económicas para
determinadas actividades.
Salvando casos illados no particularismo de cada ún, o
acollemento dispensado aos latinos e concretamente aos galegos nos países de
Europa foi digno de exemplo. Polas
formas, polo respeto, pola consideración e aprezo do que non estabamos
acostumados na nosa Terra, tanto no trato da relación empresa-obreiro coma adeministración-cidadán. Aqueles tempos de selección e examen
médico obrigando a porse en coiros a cincoenta ou cen persoas nas mesmas
dependencias institucionais galegas e o posterior translado e ubicación
masificado en complexos pre-fabricados no lugar de destino, pasouse a un
paulatino respeto e consideración, é en moitos casos, a unha apreciación
palpable do carácter dun pobo.
Eisí, houbo algunha fábrica , que o simple feito de ser galego
era garantía de ser admitido sin ningún miramento.
Nos primeiros tempos da emigración europea, os “españois” non
gozaban de prestixio, máis ben o contrario, poda que fora o resultado da
politica na que se vivía, onde o Réximen Franquista era moi denostado, e
nalgúns bares e cafeterías os emigrantes aínda poidemos comprobar ísta
xenreira con carteles que decían: “Non se admiten españois e marroquís”. Pero o contacto permanente no traballo
e na sociedade foi limando ístas asperezas, onde actualmente España e os
españois gozan(gozamos) dun ganado respeto e prestixio.
A integración do emigrante galego en Europa foi máis ben o
resultado do “desarraigo” que atopaba ao volver á Terra, fose ísta volta
temporal coma definitiva, ao comprobar as múltiples diferencias en todo-los
ordes da vida dunha persoa en relación ao país no que estivera a traballar.
Os galegos, hispanos ou latinos, sufrimos en carne propria as
diferencias culturais e o traballo que custa adaptarse a outras formas de
traballar, do esparcimento, do entendimento idiomático, da separación
familiar, do estar cun pé na Terra e o outro no país que lle da traballo e
seguridade, de vivir de recordos e desexos que poucas veces verá cumplidos, e
de pasar amargas experiencias nese retorno soñado, que moitas veces o
catapulta definitivamente a elexir ise país onde estivo a traballar coma
residencia definitiva, é algunhas veces, cambiar definitivamente de
nacionalidade.
Os emigrantes que fixaron residencia nos países de Europa,
pódese decir sin lugar a error algún, que o fixeron “conscentes”, sabedores da
inestabilidade laboral, sanitaria e social que durante moitos anos non
garantizaban un retorno digno.
Polo contrario, tanto gobernantes coma familiares aconsellaban sempre “non
volver” , a pesar dos moitos millóns aportados pola emigración. Nin España nin Galiza garantizaban
mínimos estables para unha emigración que se considerou dende o primer intre
“temporal”, convertendose co paso do tempo de “longa duración” é pra moitos
“definitiva”.
O paso da emigración nun primer intre de “temporal” a longa
duración ou definitiva, produciu uns efectos negativos na posible e futura
relación dos emigrantes de primeira xeración, pois ao non ter formada a idea
de longa estancia nos países de acollida, pensouse máis en traballar e aforrar
que en integrarse nuns países de fala difícil, descoñecendo o funcionamento da
sociedade e as súas posibilidades, polo que cos anos a integración fíxose
traumática para a gran maioría de ísa primeira xeración por non ter apenas
posibilidades de acceso ao estudo e formación profesional. As cualidades mostradas na adaptación a
calquer traballo, de a pouco foi conformando unha cadea na que as decisións
podianse converter en consecuencias graves para o futuro.
Eisí, idos e vidos á emigración europea, encontranronse con
traballo seguro, seguridade social envidiable, salario estable e ben pago e
aforro en divisas moi apetecibles para as entidades bancarias, pero no
subsconscente a ideia dun “volver” que se contradecía ca realidade laboral e
de seguridade social que se vivía na Terra, polo que a gran maioría da
primeira xeración de emigrados a Europa transitaron nunha situación inestable
que levou a que uns tomaran decisións de retorno e se viran en moitas
situacións moi comprometidas, é lembrando o traballo e seguridade que deixara
en Europa. Outros permaneceron
neses países e paseniñamente foron conformando un futuro estable para a
familia, ca salvedade de que a gran maioría de isa primeira xeración non
estivo plenamente integrada no país que decideu botar raíces. O que lles impediu adequerir
conhecimentos e posibilidades, tanto laborais coma sociais.
Outros moitos miles de emigrantes, unha vez conformada
descendencia, decidiron confiar ísta á “aboa” ou á “irmán”, ou en todo caso á
separación do matrimonio a maior parte do ano, o que trouxo unhas relacións
afectivas moi dificiles e de moita door e bágoas.
Outros moitos miles de galegos viven e morren lonxe da Terra,
atrapados nese circuito vicioso que lles impide “volver” con dignidade. A dignidade de ser galegos e ver e
suportar que a Terra que lles deu vida é incapaz de devolverlle a ilusión e o
respeto polo seu sacrificio.
Nunca Galiza está en condicións de acoller a seus emigrantes e
de integralos na sociedade galega con proiectos que o dignifiquen e sepa
aproveitar os moitos valores e conhecimentos adequiridos en sociedades máis
desenvolvidas. Máis ben todo o
contrario, vese ao emigrante retornado ou ós seus fillos coma a uns máis dos
que veñen a “pedir”... é o sentido da caridade que certos gobernos e
gobernantes dispensaron e dispensan a quén co seu sacrificio e aforros
conseguiron revitalizar moitos sectores económicos que foron os motores dunhas
millores perspectivas de futuro da sociedade galega é... española.
A masiva emigración a Europa de galegos, portugueses,
andaluces, extremeños, marroquís, turcos, yugoeslavos, antillanos, arxelinos e
un longo etc., contribuiu enormemente ao rexurdir industrial e comercial da
práctica totalidade dos países europeos.
E coma consecuencia do rexurdir económico e industrial, a masiva
importación de man de obra barata, e ísta dunha variedade cultural e étnica
tan diversa, conformándose moitos e grandes núcleos de poboación que o seu
denominador común é o chamado “cosmopolitismo”, pola gran variedade de
culturas e razas que conviven nun mesmo espazo social e económico. Actualmente en Amsterdam, máis da
mitade dos seus moradores son da orixen duns 120 países e culturas distintas. E coma Amsterdam estanse a conformar
todos os núcleos importantes de Europa, nos que nalgúns casos e por políticas
erradas, conformáronse “guettos” onde determinadas orixes identitarias fan
valer os seus pequenos poderes, adequeridos na forza do número e de arraigos
étnico-relixiosos.
Neste mundo europeo de diversidade de estados, de diversidade
de nacionalidades e pobos cas súas línguas proprias e ca variedade cultural
tan diversa, os galegos temos un sentido da adaptación que “nunca” creamos
problema algún. Acostumados coma
estamos a suportar línguas alleas, levamos o noso idioma polo mundo coma si
dun amuleto se tratara. Cando
queremos o utilizamos, e cando non o vemos útil o deixamos. É, ao non ser Galiza un estado libre e
reconhecido, os galegos vivimos adaptándonos ás circunstancias, tanto ás
nacionales proprias coma ás realidades idiomáticas nas que nos tocou vivir e
convivir.
Resultado destas adaptacións, temos aos nosos fillos que
dominan dous ou tres idiomas de prestixio, e que con suma facilidade se
integran plenamente na sociedade na que creceron, saben iso sí, de onde
proceden.
Moitos destes fillos teñen unha relación afectiva con Galiza, a
súa cultura é idioma, pero son os menos.
A representatividade “española” pésalles coma unha lousa coma pra ser
conscentes das súas orixes e riqueza cultural e idiomática da que proceden.
Os moitos Centros Galegos que se foron conformando en toda-las
cidades e pobos europeos onde habia un bó número de galegos, os fixeron ca
plena concencia e conhecimento de sentirense membros dunha cultura e
nacionalidade común, a de ser “galegos”, a sabendas dos malos ollos que poñen
moitos dos chamados “españoles” que casi sempre o ven coma unha afrenta e nón
coma o que é: unha cultura, unha fala distinta, un pobo. Pero é dificil ver sociedades galegas
en Europa que respondan axeitadamente a conceptos “culturais galegos”, no que
o ensino do idioma, do estudo e conhecimento da nosa historia, do análisis do
feito migratorio galego, etc. sexan preocupacións colectivas. A única e verdadeira función á que
sempre responderon ístas sociedades galegas foi a de crear un espacio de
convivencia antre persoas dun mesmo orixen cultural, un espacio que sirva de
entretemento e relación social pero que no tempo foron causa e orixen de
moitos conflictos, o que deu en que hoxe a gran maioria dos emigrantes e seus
descendentes de orixen galega non estean pola labor de “sociedades culturales
galegas”, e as que siguen a funcionar carecen de representatividade numérica e
ao mesmo tempo modélica.
Hoxe Galiza entra no “cosmopolitismo universal” da man dos
fillos dos nosos emigrantes, pois, obrigadas isas primeiras xeracións de
emigrantes a decidir o botar raíces na terra na que foron acollidos, os nosos
fillos estanse a integrar en todo-los países europeos, e Europa é un conxunto
moi variado de étnias e pobos cas súas respeitivas costumes, culturas e
idiomas. Os nosos fillos casan con
alemáns, ingleses, irlandeses, belgas, franceses, italianos, holandeses,
lexumburgueses, austriacos, suizos, portugueses, escoceses e máis que se poda
encontrar. Así non será raro ver
por terras galegas persoas de orixen europeo falando tranquilamente o
“galego”e que dende as nosas institucións lle fan toda clase de reparos a
normalizar o seu uso no seu proprio país.
Así podemos decir sin que nos elexemos moito, que os galegos
nas sociedades que foron conformando, a dia de hoxe so un 22,5% participa coma
socios.
Acuden a xuntanzas, reunión e actos culturais un 21,2%
aproximadamente.
E participan distes eventos os fillos dos emigrados que naceron
na terra na que están a viver o 13,7% aproximadamente.
Destes fillos de emigrantes, so un 22,5% participa nas
sociedades formadas polos pais ou por eles mesmos.
En canto a fala, na casa e entre fillos e pais se fala o galego
o 45%, o castelán o 23,7% e o idioma propio no que se está a viver o 17,5%.
Na escrita xa é pior, pois os galegos emigrados non pasan dun
6,2% e os seus vástagos non chegan nin a eso, o 5%.
De entendederas xa andamos millor pois os nosos fillos nos
entenden no galego que falamos nun 62,5% e no castelán nun 60%.
A maior parte dos nosos fillos din descoñecer Galiza, venna
"atrasada" e tamén "bonita", aparte de sentila coma propria para a maioria.
E con isto da "normativa" para con o idioma galego, tanto pais
coma fillos opinan que iso non vai con eles, pois emigraron a Europa cun
idioma proscrito no ensino e malamente poden transmitir o pouco que saben
suxeitos a "normas" que ninguién lles enseñou.
Istas porcentaxes e expresións son fruto dunha consulta moi
limitada no numero e nas respostas na que se facian diversas preguntas cara ao
asociacianismo cultural galego e o coñecemento e práctica do idioma, polo que
non se poden considerar válidas a efectos de estísticas, pero que sirven de
orientación para conhecer aspectos relevantes da situación dos emigrantes
galegos en Europa e seus descendentes.
O autor vive nos
Países Baixos e pertence ao colectivo “Galicia Espallada”.
Poden responder ao
autor co enderezo:
favilasoto@zonnet.nl
O enderezo de
“Galicia Espallada” en Internet é: