DILEMAS ÉTICOS

Conviña distinguir entre as cuestións que son de costumes simplesmente e as que son de ética profunda. Nas primeiras pódese ser mais progresista ou menos, mais convencional ou mais vangardista, pero os costumes mudan sempre cós tempos. Nos dilemas éticos o enfoque ten que ser moi distinto porque en xeral teñen que ver coa verdade, a xustiza e a liberdade e non poden solucionarse mudando os costumes, nen desaparecen con esas mudanzas.

 Pensar que pode haber solucións de “esquerda” ou de “direita” para a maioría deses grandes dilemas éticos sería un erro. O certo é que as esquerdas e as direitas políticas reaxen en cada momento histórico según o que estexa de moda na esquerda ou na direita dese momento, e as reacións non poden ter profundidade abondo para atinar. A historia proba que eses dilemas  non teñen solución política.

 A maioría dos grandes dilemas éticos, como poden ser a eutanasia, o aborto, a pena de morte, as guerras, a prostitución, etc., están tan enraigañados e confundidos cós sistemas básicos de ordenamento da sociedade, que o mais probábel é que non teñan “solución” e que o mellor que se poda facer sexa analizalos con cuidado, sensibilidade e comprensión. A política ten un papel, pero tal como están de escuros eses temas nestes momentos, non pode ser un papel impositivo. A política democrática ten que facilitar o debate e facer todo o posíbel por procurar coerencia nas actitudes, porque o que se constrúe sen coerencia non pode levar nunca ao adianto e fai perder tempo e retrogradar.

 Galiza ten que pensar neses temas, sen se abandonar ao que as modas e os medios mundializados dicten. Todos estes problemas sofren de mal enfoque e haberá que buscar enfoques máis prometedores para acadar unha análise sen prexuicios.

 O GTG aplica ese método neste número do Boletín ao dilema do aborto e tenciona ir facendo o mesmo con outros dilemas nos números seguintes.

Voltar a Eivas Patriarcais