UN DILEMA QUE HAI QUE RESOLVER

 

É unha cuestión de tempos. Os povos que tiveron atrancos no seu desenvolvimento non poden escoller cándo entrar no mundo das oportunidades. Tárdase en chegar e cando se chega hai que poñerse á tarefa coas cousas como están. Isto sementa de pesadelos as noites dos nacionalistas galegos que esperaron a ocasión de ver medrar os xermolos dunha aportación orixinal ao mundo da política e do intelecto. Ese nacionalismo non pode quedar satisfeito cunha realidade político-administrativa sen máis. Sempre soubo que esta facía falta, pero como medio para algo máis que a multiplicación reproductiva dunha cultura política xa en crise en todas partes.

 O afán de estar á altura dos tempos leva a fomentar unha imitación sen crítica das modas  na capital tradicional do poder do que se xulgaba terse emancipado, que, na súa vez, reproduce unha cultura homoxeneizada polos dictados do capitalismo moderno, moi consciente do valor das chamadas artes para criar consumidores. A arte queda esmagada por esas artes.

 Hai pouco abriuselle por vez primeira unha porta ao nacionalismo galego. Pretextando que a crenza nunha esencia sen realizar é un mito que hai que sustituir polo mergullamento no tempo, non se produce nada que valga a pena. Ou xurde un pensamento radical capaz de superar esa situación ou o pesadelo rematará por afogar os  anceios do galeguismo universal.

 

Voltar a Alicerces Nacionalistas