DEUS E BLAIR
O
Primeiro
Ministro da Gran Bretaña, Tony Blair,
dixo nunha
entrevista
recente na TV cando lle perguntaron
pola
guerra do Iraque
que sería
Deus quen xulgase a decisión
que
ele
tomara. O señor Blair,
que é cristián practicante según
afirma, debía
saber
que
invocar
xuicios
divinos dos
que
nada sabemos é
unha
maneira
pouco honrada de
andar polo
mundo,
como cristián e
como
político. Os
que
mais
direito terán a xulgar o
acerto
ou
desacerto do
que sucede no Iraque serán os
habitantes dese
país, desa rexión e do
mundo
inteiro,
porque a
todos afecta
ou pode afectar; os
que teñen
que
aturar a
guerra no
seu territorio; os
exércitos
que se enviaron a
que a fixeran; e os
mortos nela,
que se cadra xa saben cál é o
xuicio
divino.
E eses dirixentes tan
amigos de
invocar a
Deus e tan
convencidos de
que chegaron ao
poder
por
vontade
divina debían
lembrar tamén
que
rezar
antes de facer as cousas non
garantiza
que se fagan ben nen
que se teña
direito a facelas.