EMOGRAFÍA E DESEMPREGO
Non pode haber nada pior que criar unha sociedade na que non haxa traballo para todos.
O desemprego se tolera e até se cultiva moitas veces porque é esencial para exercer o autoritarismo propio do sistema patriarcal. Considérase natural porque sempre o houbo e sempre se fixo que o houbese. Mas o direito ao traballo é un direito humán irreductíbel.
>Esa manía que entrou do problema demográfico, manifesta nas declaracións de esquerdas e direitas con rara unanimidade, revela
o fondo patriarcal e autoritario da nosa sociedade. Cando hai un desemprego apavorante e o emprego é tan precario, falar de que fan falta mais galegos é disparatado e só pode ter sentido para quen acredite que hai que facer moitos fillos
para entregarllos aos deuses.
>O que fai falta é unha Galiza onde haxa emprego para todos e non que nazan mais galegos que os que se poden empregar. Nen que se traian de fora...
Voltar a
Eivas Patriarcais