CRITERIOS
Despois de
tanta experiencia
amarga da historia, despois de
tanta revolución e
tanta reacción, semella
que habería
que
ter moito
tino na escolla de ideas-forza
que podan
impulsar reformas e
que sirvan
para
avaliar o progreso
que éstas acaden. O ben común, a xusticia
social, son ideas úteis pero
que poden
admitir doadamente desviacións sofísticas.
E
pior
ainda as de contido
político
mais
explícito e
sistemático,
como
democracia
ou
república. Valería a
pena
partir dunha idea de garantía de
cuidado
físico e
intelectual de
todo
ser humán e
desenvolvimento do
seu
potencial. A idea é tan simple e lóxica
que
só se pode
combater,
como
sempre se
fixo, con
dogmas, ideoloxías e xerarquías
divinizadas. Partindo dese
ponto de
vista podíanse
abordar
problemas
como o das cárregas
sociais, a demografía e o
meio
ambiente. E se cadra podíamos así
descansar de
conceitos moi destragados
como os de
socialismo, socialdemocracia,
comunismo, anarquía e confesionalismo relixioso.
Os criterios teñen
unha vantaxe
que non teñen os
dogmas,
que é a de teren
que
demostrar a
sua validez en
todo
momento. Non
confundir os criterios cos
dogmas, nen os
dogmas cos
valores, sería un bon adianto.
Voltar a Textos Varios